Novas da Rede

II Certame de Sommelier Suso Domínguez

O centro integrado de formación profesional Carlos Oroza organiza por segundo ano consecutivo o Certame de Sommelier Suso Domínguez, nesta edición participan 11 centros de hostalaría e turismo de Galicia e do norte de Portugal, incorpóranse as Escolas de Viana do Castelo, Coimbra e a Escola da armada española ESENGRA de Ferrol.

Os gañadores terán a oportunidade de recibir bolsas de formación para realizar o Curso de Especialización en Barman Profesional impartido polo Instituto Galego do Viño e estadías de prácticas en hoteis de prestixio da cadea Eurostars Hotusa.

A este certame poderán concorrer alumnos e alumnas de institutos de formación profesional de Galicia e do norte de Portugal, que deberán inscribirse antes do día 31. Os participantes superarán catro probas que incluirán un cuestionario específico sobre a D.Ou. Ribeiro, a identificación de cheiros “nez du vin”, dunha selección de viños de varias denominacións, así como de licores e augardentes.

O evento conta co patrocinio da CRDO Ribeiro, o Instituto Galego do Viño, a cadea hostaleira Eurostars Hotusa Hotels, Turismo Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra.

O certame arrinca o día 25 con diversas actividades relacionadas co mundo do viño, enoturismo e a cultura do viño, concurso de cociña en miniatura con produtos galegos a base de queixo, castañas e mel, así como unha exhibición gastronómica  a cargo de Pepe Solla e Javier Olleros, o día 26 celebrarase II Campionato de Sommelier. Todas as actividades celébranse no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe e están abertas ao público en xeral, previa reserva chamando ao teléfono do centro 986847002.

Cartel do II Certame Suso Domínguez