Novas da Rede

XIV edición do Campionato Galego de Coctelería Clásica

Celebrouse no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o sábado 21 de marzo de 2015 a XIV edición do Campionato Galego de Coctelería Clásica.

O barman do Restaurante Mariña Dávila de Vigo, que o ano pasado alcanzara o subcampeonato, volveu conseguir o título por cuarta vez na súa carreira, nesta ocasión co cóctel Lucas.

O primeiro premio en destreza recaeu en Juan Manuel Díaz Santos, exalumno do CIFP Compostela.

Pola súa banda, Gabriel Vilar, do CIFP Compostela que se estreaba na competición, non o puido facer con mellor fortuna, ao alzarse co subcampeonato e co Trofeo ao Mellor Cóctel elaborado con Aguardente de Galicia. Seu Galician Forest, cóctel co que competía na categoría de Clásico e Orujo Sweett no Trofeo de Aguardientes de Galicia convenceron ao xurado degustador, que ademais lle concedeu o premio á Mellor Técnica.

O premio á Mellor Degustación recaeu tamén en Juan Manuel Díaz.

Borja Taboada (tamén exalumno do CIFP Compostela) foi o terceiro clasificado obtendo o premio á Mellor Decoración pola seu cóctel Blood Tears.

Os títulos conseguidos tanto por Juan Manuel Díaz como Gabriel Vilar acredítanlles ademais como representantes de Galicia no Campionato Nacional da Asociación de Barmans Españois Tenerife 2015.

Son de resaltar os magníficos resultados obtidos polos alumnos e exalumnos do CIFP Compostela ao obter cinco das seis mellores clasificacións en coctelería clásica que daban acceso ao mellor cóctel con augardente de Galicia.