Novas da Rede

Showcooking do cociñeiro Héctor López no CIFP Carlos Oroza

O luns 1 de febreiro, desenvolveuse no CIFP Carlos Oroza un showcooking do cociñeiro Héctor López, integrante do Grupo Nove, copresentador e membro do xurado do programa da TVG “Desafío nos fogóns” e chef do Restaurante España de Lugo, con motivo do I Concurso de Cociña Quescrem. A demostración presentouse como elaboración dun menú degustación completo no que se amosaron diferentes aplicacións deste queixo crema. O evento estivo dirixido ao alumnado participante no concurso Quescrem, ciclo medio de Cociña e Gastronomía e 2º do ciclo superior de Dirección de Cociña.

O chef, do grupo Nove, elaborou varios pratos para o alumnado e profesorado nos que utilizaban queixos da marca comercial Quescrem. Este cociñeiro traballa no departamento de I+D+i desta empresa, investigando sobre os usos dos queixos tradicionais na nova restauración que faciliten as elaboracións e acorten os tempos das mesmas.

Tanto o alumnado como o profesorado asistente á masterclass, que tivo unha duración de hora e media, destacaron a didáctica das elaboracións que  realizou Héctor López.

Showcooking
Showcooking
Showcooking
Showcooking
Showcooking
Showcooking