Misión da Rede

Que é?

A misión da Rede galega de Formación Profesional de hostalaría será a creación dun espazo dinámico, de innovación e intercambio de experiencias que favoreza o impulso dun sector que é clave para a economía de Galicia. Constitúe unha aposta decidida da nosa comunidade para dotar a un sector cada vez máis competitivo de capital humano cualificado, como estratexia necesaria para acadar o liderado nacional e internacional.

Este proxecto pioneiro na área da hostalaría, integra aos oito centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desta especialidade formativa, que se estenden ao longo de toda a xeografía galega.

Este sitio web quere ser un lugar de referencia que ofreza unha información e orientación completa e estruturada dos centros con formación especializada en hostalaría, das súas ofertas integradas de formación profesional, do conxunto de servizos que se ofertan ás empresas, de punto de acceso único ás ofertas de emprego, ao emprendemento ou as mobilidades. De xeito que se dea:

  • O maior achegamento da formación á empresa
  • Resposta ás demandas propias do sector
  • Impulso aos proxectos de innovación
  • Transferencia de coñecemento dos centros educativos ás empresas
  • Intercambio de experiencias empresariais e profesionais
  • Mellora da competitividade empresarial

Síganos en

Twitter