Reunión de lanzamento do proxecto europeo Erasmus + MATES

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no proxecto Maritime Alliance for fostering the European Blue economy through a Marine Technology Skilling Strategy (MATES).

Este proxecto, financiado pola Unión Europea, ten por obxectivo analizar a evolución das tecnoloxías marítimas en Europa para elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria a través dunha adecuación das formacións existentes. Con este fin, xuntará os esforzos das comunidades educativas e científicas coa industria, a sociedade e a administración.

O proxecto está coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR e conta tamén coa participación da Universidade de A Coruña, da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), de CT Ingenieros A.A.I., S.L. e doutros socios de Irlanda, Portugal, Reino Unido, Bélxica, Países Baixos, Italia e Grecia.

A reunión de lanzamento do proxecto celébrase en Bruxelas os días 7 e 8 de febreiro de 2018.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Reunión lanzamento proxecto Erasmus + MATES

Etiquetas: 
Multimedia: