Acreditación de competencias. Solicitudes e inscrición 2017

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion
A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso, segundo o establecido no anexo II.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ámbolos dous incluídos.

A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 10 de xaneiro de 2017.

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación, esta documentación estará a súa disposición na aplicación informática:

  • Currículum vitae europeo. Poderase xerar desde a aplicación informática cos datos incorporados nas pestanas de formación, experiencia e historial profesional e formativo.
  • Documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo. Pódese consultar na seguinte ligazón ao artigo 8.4 da orde de convocatoria.
  • A presentación do DNI/NIE ou, no caso de persoas estranxeiras, o documento acreditativo da residencia en España só no caso de denegar expresamente a súa consulta, ou permiso de traballo no caso de non presentar a documentación xustificativa da residencia. Para o caso de cidadáns comunitarios non recollidos na situación anterior, certificado do rexistro de cidadán ou tarxeta familiar de cidadán da Unión Europea, ou, se é o caso, copia do pasaporte.
  • Para o caso de solicitar a exención de taxas, os seguintes documentos segundo corresponda:
    • Certificado da situación actual de desemprego expedido polo Instituto Nacional de Emprego, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • Certificado acreditativo de discapacidade no caso de non ser emitido pola Xunta ou de denegar expresamente a súa consulta.

- Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

- A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo for­mativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Só serán aceptadas aquelas solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente o solicitante. Os centros figuran no anexo II da orde do 28 de decembro de 2016 (publicada no DOG do 12 de xaneiro de 2017), que regula este procedemento.