Solicitudes e inscrición 2012

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
A solicitude conforme o modelo anexo III desta orde, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso, segundo o establecido no anexo II.
 

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012.

A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.
 

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación, esta documentación estará a súa disposición na aplicación informática:

  • Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo.
  • Calquera outra documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como pro­ba potencial da competencia que se pretenda demostrar.
  • A presentación da fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou au­torización de residencia ou de residencia e traballo en vigor en España, só será necesaria en caso de que a persoa solicitante non autorice a consulta de datos no Sistema de Verifi­cación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
  • Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, para as persoas aspirantes con algunha discapacidade que soliciten algún tipo de adaptación.

  

- Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

- A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

- Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo for­mativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Só serán aceptadas aquelas solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente o solicitante. Os centros figuran no anexo II da orde do 29 de decembro de 2011, que regula este procedemento.