Solicitudes e inscrición 2014

A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion
A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso, segundo o establecido no anexo II.

prazo de presentación de solicitudes será desde o 23 de xaneiro ao 21 de febreiro de 2014, ámbolos dous incluídos.

A aplicación informática para solicitar a participación estará activa a partir do 23 de xaneiro de 2014.

Xunto coa solicitude, deberase presentar a seguinte documentación, esta documentación estará a súa disposición na aplicación informática:

  • Historial profesional e/ou formativo de acordo co currículo europeo. O modelo de curriculum vitae Europass está dispoñible na aplicación, http://www.edu.xunta.es/acreditacion,  unha vez cubertos os datos persoais.
  • Calquera outra documentación de carácter laboral e/ou formativo que sirva como pro­ba potencial da competencia que se pretenda demostrar.
  • A presentación da fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou au­torización de residencia ou de residencia e traballo en vigor en España, só será necesaria en caso de que a persoa solicitante non autorice a consulta de datos no Sistema de Verifi­cación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
  • Certificado acreditativo de discapacidade en vigor, para as persoas aspirantes con algunha discapacidade que soliciten algún tipo de adaptación.

- Deberase achegar necesariamente a tradución oficial de todos os documentos que non estean redactados nas linguas galega ou castelá.

- A falsidade nos datos achegados ou declarados suporá a exclusión do procedemento.

Cada participante cubrirá unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo for­mativo e se desenvolvan nunha mesma sede.

Só serán aceptadas aquelas solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente o solicitante. Os centros figuran no anexo II da orde do 14 de xaneiro de 2014 (DOG do 22 de xaneiro), que regula este procedemento.