Títulos que foron obxecto do proceso de acreditación de competencias

Convocatoria de probas libres

Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se convocan probas libres de títulos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, que foron obxecto do proceso de acreditación de competencias.

 

Obxecto

Convocar probas libres para a obtención dos títulos de formación profesional que foron obxecto de procesos de acreditación de competencias convocados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos anos 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009.

A listaxe de ciclos obxecto desta convocatoria está dispoñible no anexo I. 

    - Relación de ciclos formativos e centros públicos (anexo I) 

 

Requisitos das persoas solicitantes

  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos:
      
    • Para ciclos de grao medio: título de graduado en ESO ou equivalente para efectos académicos, ou proba de acceso a ciclos de grao medio. 
    • Para ciclos de grao superior: titulo de bacharelato ou equivalente para efectos académicos, ou proba de acceso a ciclos de grao superior. 
  • Dispor dunha certificación acreditativa de módulos ou unidades de competencia acreditadas do título que se pretenda, obtidas mediante a participación nalgún dos procesos de acreditación de competencia profesional realizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante algunha das seguintes convocatorias:
      
    • Resolución do 4 de marzo de 2005, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas para a obtención do título de técnico de formación profesional específica nos ciclos formativos e prazas que se determinan (DOG 17-03-2005). 
    • Resolución do 10 de febreiro de 2006, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional específica nos ciclos formativos e prazas que se determinan (DOG 21-02-2006).
    • Resolución do 15 de xaneiro de 2007, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional específica, así como de acreditación de unidades de competencia (DOG 29-01-2007). 
    • Orde do 25 de febreiro de 2008 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da com-petencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental (DOG 13-03-2008). 
    • Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da com-petencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental (DOG 30-09-2009).
  • Non estar matriculado no curso académico 2009-2010 nos mesmos módulos profesionais. Tampouco se poderá estar matriculado nos módulos dos títulos LOE que os substitúan, no caso de que o título estivese xa extinguido. 

  
Documentación para presentar

  • Xuntarase á solicitude a documentación acreditativa que corresponda:
     
    • Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento acreditativo da identidade.
    • Título ou certificación acreditativa do requisito de acceso a ciclos formativos.
    • Certificación de módulos xa superados ou unidades de competencia acreditadas.

 

  • No caso de solicitar exención do módulo de formación en centro de traballo:
     
    • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou, no caso de autónomos, certificación de alta no censo de obrigados tributarios.
    • Certificación da empresa ou, no caso de autónomos, declaración xurada sobre as actividades desenvolvidas.

 
Prazos e lugares de presentación da documentación

Cada ciclo formativo ten asignado un centro público segundo se detalla no anexo I da convocatoria. As solicitudes presentaranse na secretaría do centro asignado ao ciclo formativo elixido.

 

O prazo abrangue do 10 ao 20 de maio de 2010.

 

Contido e estrutura das probas

As probas axustaranse aos currículos dos ciclos formativos obxecto desta orde, e abranguerán contidos teóricos e prácticos que permitan evidenciar se a persoa aspirante alcanzou os obxectivos específicos establecidos para cada módulo.

 

A estrutura da proba, o procedemento e os criterios de avaliación deberanse publicar no taboleiro de anuncios do centro cunha antelación mínima de dous días con respecto ao comezo da realización das probas.

 

Solicitudes de inscrición  

 
Información completa de probas libres segundo a Orde do 25 de marzo de 2010

Tema: