Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Prazas vacantes. Curso 2017-2018

Publicadas a prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2017/2018 é desde as 9:00 horas do 23 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2018. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Pódese consultar a dispoñibilidade de prazas vacantes durante o período de matrícula na seguinte listaxe. Esta é unha listaxe dinámica cun tempo de actualización de 5 minutos.

Etiquetas: