Acceso a estudos universitarios dende a formación profesional específica de grao superior 2008-2009 (02/10/08)
- Validacións de materias
Validación dos estudos de formación profesional específica de réxime xeral.
Orde do 30 de xullo de 2007 (DOG do 9 de agosto) pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial.
Resolución do 27 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2009-2010..
Requisitos:
Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro dentro dos primeiros corenta e cinco días contados desde o comenzo das clases. No caso de centros privados, a dirección do centro dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días.
Documentación necesaria:
A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XI da Orde do 30 de xullo de 2007.
Acompañarase de:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Documentación acreditativa dos estudos realizados: certificación académica oficial segundo o modelo do anexo IX da Orde do 30 de xullo de 2007, ou se for o caso, do certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial.
O sistema de validacións e correspondencias
Solicitudes de validación que serán resoltas pola dirección do centro docente público onde a persoa solicitante figure matriculada:
Os módulos profesionais que teñan idéntica denominación e duración, así como as mesmas capacidades terminais e os mesmos criterios de avaliación cos descritos nos reais decretos polos que se establece cada un dos títulos de formación profesional específica, son validables entre sí, segundo o anexo IV da Orde de 16 de xullo de 2002, modificada pola Orde do 8 de outubro de 2002.
Os módulos profesionáis que, sen ter idéntica denominación, sí teñen similares capacidades terminais e contidos básicos aos descritos nos reais decretos polos que se establecen as titulacións e as correspondentes ensinanzas mínimas, serán validables segundo o que se reflicte no anexo V da Orde de 16 de xullo de 2002, modificada pola Orde do 8 de outubro de 2002.
No anexo VI da Orde do 8 de outubro de 2002 recóllense outras validacións de carácter xeral entre módulos profesionais non incluídas nos puntos anteriores.
As validación dos módulos profesionais a partir de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais ás cales se fai referencia no artigo 14 da citada Orde do 30 de xullo de 2007, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecido no anexo correspondente do título.
O alumnado afectado pola implantación dos novos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica, do 3 de maio, de educación, poderá validar os módulos superados do título equivalente da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, para o cal se aplicará o réxime de validacións de módulos establecido no anexo correspondente do título.
Solicitudes de validación que serán resoltas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
Validación dos módulos profesionais recollidos no anexo X da Orde do 30 de xullo de 2007.
Solicitudes de validación que serán resoltas polo Ministerio de Educación:
Resto de validacións non contempladas nos casos anteriores.
Deberán dirixirse a:
Subdirección General de Orientación y Formación Profesional
Servicio de convalidaciones de Formación Profesional
C/ Los Madrazo 15-17
28071 Madrid
Solicitudes de validación de títulos extinguidos serán resoltas polo Ministerio de Educación.
Formulario de solicitude de validación (galego)
Formulario de solicitude de validación (castelán, para o Ministerio de Educación)