Ven á FP
Oferta
A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-practicos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.
Nesta ligazón poderás atopar a oferta formativa de ciclos formativos de grao medio e de grao superior por familias profesionais.
Admisión
Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.