Ventures4Silver Galicia. Premios a ideas innovadoras no ámbito da Silver Economy

Ventures4Silver Galicia é unha iniciativa que pretende impulsar o desenvolvemento sostible de Galicia e a asistencia sociosanitaria mediante a aplicación de tecnoloxías intelixentes; potenciar a autonomía, a seguridade e a calidade de vida das persoas; e promover un envellecemento activo e saudable para evitar situacións de illamento e soidade non desexado, focalizándose nun novo paradigma de modelo asistencial proactivo e preventivo.

Esta iniciativa busca identificar ideas disruptivas no ámbito da silver economy aplicables en Galicia, con premios para as mellores ideas e mesmo acompañamento para axudar a levar a idea ao mercado na súa etapa inicial.

O prazo para participar remata o 3 de abril de 2020.

Os premios para as ideas gañadoras son:

  • Primeiro premio de 10000 €.
  • Segundo premio de 5000 €.
  • Terceiro premio de 3000 €.
  • Premio da comunidade (iniciativa máis votada) de 2000 €.
Etiquetas: