Worldskills

Worldskills é o campionato internacional da formación profesional, que ten obxectivo é a promoción das competencias profesionais no marco da Formación Profesional mundial. Celébrase cada dous anos, nos anos impares. Na actualidade forman parte desta organización 52 países dos cinco continentes, que compiten en 48 habilidades profesionais ou skills.

Os campionatos internacionais da Formación Profesional Worldskills están promovidos pola organización internacional WorldSkills, e teñen como obxectivo a promoción das competencias profesionais no marco da Formación Profesional a nivel mundial. Na actualidade conta con 52 países asociados. O Ministerio de Educación, coa colaboración das Comunidades Autónomas, impulsa a participación de España en WorldSkills.

Worldskills 2011

Despois da celebración do campionato galego, Galiciaskills 2010, do campionato nacional, Spainskills 2011, celébrase a Olimpíada internacional da formación profesional Worldskills 2011 en Londres do 4 ao 9 de outubro.

Hai competición en 46 skills ou especialidades nas que participan un total de 950 competidores, procedentes de 51 países.

España presenta competidores en 32 skills.

Participación de Galicia.

A nosa participación é de dous alumnos que obtiveron medalla de  ouro nos campionatos nacionais Spainskills 2011, celebrados en Madrid en abril de 2011; e catro profesores, dous co papel de titores dos competidores e os outros dous como xurado.

Estes alumnos estiveron traballando intensamente o seu inglés durante o mes de agosto en Inglaterra, cunha beca concedida polo Ministerio de Educación, formación necesaria xa que todas as probas de Worldskills serán neste idioma. No que se refire á parte técnica, desde xuño estanse preparando nas probas que comprende a competición cos seus titores e expertos.

Competidores galegos nos skills:

- Solados e alicatados: Sergio Suárez Fernández, alumno do ciclo de grao medio Acabados de construcion do CIFP Porta da Auga de Ribadeo. Neste skill competirán mozos de 24 países diferentes.

- Servizo de restaurante e bar: Guillermo González Gómez, alumno do ciclo de grao superior de restauración do IES de Vilamarín de Vilamarín (Ourense). Neste skill competirán mozos de 30 países diferentes.

Profesorado participante:

Como titores:

- Francisco Javier Vázquez Seijas, titor de Sergio Suárez Fernández, competidor do skill Solados e alicatados. Neste curso 2011-2012 profesor no CIFP A Farixa de Ourense.

- Diego Mosquera Miramontes, titor de Guillermo González Gómez, competidor no skill Servizo de restaurante e bar. Neste curso 2011-2012 profesor no CIFP Paseo das Pontes da Coruña.

Como xurado por España:

- José Fernando Méndez de Andés Rodríguez, xurado español no skill Solados e alicatados. Profesor no CIFP Porta da Auga de Ribadeo.

- Lourdes Mourelle Mosquera, xurado español no skill Coidados de beleza. Profesora no IES de Teis de Vigo.

Worldskills 2009

Do 1 ao 7 de setembro celebráronse en Calgary (Canadá)  a cuadraxésima competición internacional WorldSkills (Olimpíadas da Formación Profesional).

Esta edición de WorldSkills contará con 900 participantes de 51 países en 45 especialidades distintas da Formación Profesional.

España participou en 14 especialidades: Ebanistería, Carpintaría, Estética, Soporte de Rede, Instalacións Eléctricas, Tecnoloxía do Automóbil, Servizos de Restaurante e Bar, Control Industrial, Deseño WEB, Carrozaría, Tecnoloxía da Moda, Mecatrónica, Cociña, Pintura do Automóbil e Peiteado.

Participación galega, Galicia está representada en 3 skills, o alumnado participante, as skills nas que competiron e os centros nos que cursaron os seus estudos de formación profesional se relaciona a continuación:

Competidores galegos nos skills:

- Carrozaría: Rubén Pico Meizoso, alumno do CIFP Ferrolterra de Ferrol.

- Tecnoloxía da moda: Irene Márquez Fernández, alumna do  CFIP Paseo das Pontes de A Coruña.

- Peiteado: Sabela Garrido Comesaña, alumna do IES de Teis de Vigo.

Tamén Galicia aportou tres expertos que participaron como membros dos xurados internacionais nas especialidades de: deseño web, tecnoloxía da moda e coidados de beleza.

Etiquetas: