Xornada sobre análise dos accidentes laborais no sector forestal

O próximo 28 de setembro celebrarase no salón de actos da deputación provincial de Lugo a xornada "Análise dos accidentes laborais no sector forestal e as súas consecuencias xurídicas e responsabilidades empresariais na contratación e subcontratación de autónomos. Experiencias prácticas".

Os interesados en participar deberán comunicalo á Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo, a través do teléfono 982 20 32 33 ou o enderezo de correo electrónico info@lugomadera.es.

Etiquetas: