1ª xornada de formación do programa de voluntariado de Finanzas para mortais

Hoxe celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago a 1ª xornada de formación para alumnado do ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas, dentro do programa de voluntariado de Formación Profesional do Programa Fianazas para Mortais. Esta xornada está enmarcada dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Galicia é a primeira comunidade autónoma onde se desenvolve este programa de voluntariado de Formación Profesional, xa que ata agora solo participaba alumnado universitario. Son 49 alumnos/as de 6 centros educativos de Galicia os que, unha vez rematada a súa formación, participarán como voluntarios nas actividades formativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional e orientadas a mellorar a súas competencias en materia financeira. Está prevista a participación nestas actividades de 1.963 alumnos/as de 47 centros educativos.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Xornada formación voluntariado Finanzas para mortais
  • Xornada formación voluntariado Finanzas para mortais
  • Xornada formación voluntariado Finanzas para mortais
Etiquetas: 
Multimedia: