Xornadas Coperativismo e Xuventude

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se levan a cabo nos meses de novembro e decembro.

  • O mércores 26 de novembro, terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias Económicas (Av. Do Burgo, s/n, Campus Norte), de 10:00 a 13:30 horas.
  • O mércores 3 de decembro, terá lugar a terceira desas xornadas, en Ourense, no Espazo Xove de Ourense (rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense), de 10:00 a 13:30 horas.

As xornadas están dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula cooperativa, e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incorporarse ao mundo laboral.

Nas seguintes ligazóns atopará toda a información referida a estes eventos:

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos@eusumo.coop.