Voltar ó portal da xunta. Logotipo Consellería Educación e Ordenació Universitaria                                     

                         

 

3.1. Medidas de prevención da gripe nos centros escolares.       

 

Recoméndase que na comunidade escolar se expliquen, se traballen e se reforcen co alumnado as seguintes medidas, e de forma especial co alumnado de menor idade.

 

3.1.1 Medidas persoais:

§         Cubrir a boca e o nariz ao tusir e esbirrar con panos de papel e tiralos ao lixo e, se se pode, despois lavar as mans.

§         Se non se teñen panos de papel, tusir e esbirrar sobre a manga da camisa para evitar a contaminación das mans.

§         Lavar as mans frecuentemente con xabón (durante 15-20 segundos) e, sobre todo, despois de tusir ou esbirrar. Recoméndase que os rapaces laven as mans como mínimo antes e despois das horas de lecer, antes e despois do servizo de comedor e antes de entrar nas aulas de informática por seren compartidos os ordenadores).

§         Evitar tocar, na medida do posible, coas mans, os ollos, o nariz ou a boca.

§         Non compartir obxectos persoais, de hixiene ou aseo (vasos, toallas...).

§         Non chupar o material escolar, xoguetes ou calquera obxecto propio nin alleo.

§         Hai que prestarlle unha máxima atención a que non se produza un intercambio de vasos, cubertos e panos de mesa entre o alumnado do centro escolar.

 

Na poboación infantil hai que incidir de forma especial no lavado exhaustivo e frecuente das mans, así como no uso de panos de papel desbotables.

    

  

 3.1.2. Medidas de limpeza nos centros escolares ante a gripe A

 

Os centros deben intensificar as medidas de hixiene no alumnado e no persoal do centro escolar: profesorado, monitores, persoal de servizos ou de limpeza...así como no recinto escolar.

 

Por este motivo, os centros deben extremar os bos hábitos de hixiene nas súas dependencias, facendo especial énfase en:

 

·         Ventilar diariamente as aulas, os despachos, as salas de reunións, os comedores, aseos e todas as dependencias do edificio escolar. Abriranse as fiestras, en todo caso, antes de empezar e despois de rematar as clases.

·         Deberá realizarse unha limpeza a fondo dos diferentes espazos: baños, cociñas..., xa que os virus poden depositarse en todo tipo de superficies.

·         Deberase limpar con máis frecuencia os espazos dos centros de educación especial, as aulas e todas aquelas dependencias onde estean persoas con factores de risco.

·         As superficies limparanse con máis frecuencia, poñendo especial atención nas de contacto frecuente (interruptores, tiradores das portas, teléfonos, xoguetes, teclados e ratos de ordenador, timbres etc.), mobiliario docente (mesas e cadeiras) e aqueles obxectos de uso común (vaixela, mesados, aseos, pomos, varandas, equipamento deportivo...) onde o virus pode permanecer de horas a días. Por iso, é importante limpar máis frecuentemente estas superficies cos produtos de limpeza habituais.

·         Recoméndase que a limpeza se faga en húmido para evitar levantar po, e aspirar en lugar de varrer.

·         Recoméndase non ter alfombras, nin tapetes para o chan, a non ser que se extreme neles a súa limpeza. No caso de que xa existan débense aspirar en lugar de sacudir.

·         Recoméndase o uso de guantes para realizar a limpeza e lavalos con frecuencia para evitar a dispersión de microorganismos dun cuarto ou estancia a outro.

·         Os guantes empregados para limpar os cuartos con persoas enfermas deberán retirarse antes de pasar a outro.

·         O uso de guantes non exime do lavado de mans.

·         O proceso de lavado da roupa de cama ou toallas empregadas polo paciente non require ningunha particularidade, agás que non se debe sacudir en ningún momento.

·         Os centros educativos deberan pór á disposición do alumnado, profesorado e demais persoal, así como das persoas que poidan visitalo, suficiente material para o control da infección (como produtos para a hixiene das mans, panos desbotables e papeleiras para tiralos).

 

·         Así mesmo, deberán dispoñer  de solucións hidroalcohólicas, sempre que o lavado de mans sexa impracticable, que deberán situar nun determinado lugar do centro xunto coas oportunas indicacións de utilización.

 

·               No lavado de utensilios, roupas e na eliminación de residuos deben seguirse as seguintes recomendacións:

o       Deben limparse ben, tal como se fai de xeito habitual, os utensilios de comida (vaixela, cubertos, vasos etc.) utilizados polo alumnado e persoal do centro. Non é necesario no seu lavado utilizar guantes de goma estériles.

o       O material que se utiliza nas cociñas para a elaboración das comidas debe lavarse na forma que se realiza habitualmente: con auga quente e co xabón ou deterxente habitual.

 

o       Se no centro escolar se lava a roupa das camas, sabas, cobrecolchóns etc., debe evitarse sacudir a roupa antes de lavala e debe lavarse cos deterxentes habituais. Non é necesario utilizar guantes de goma estériles. Pódese secar a roupa en tendais, ao aire libre ou nunha máquina secadora.

 

Deberá pedírselles a colaboración aos empregados da limpeza para que extremen o seu cometido.

 

·         Autobús escolar: no caso dos centros que contan con transporte escolar, pediranlles ás empresas de transporte que cumpran, en todo caso, as seguintes medidas hixiénicas (tamén no caso de que se utilicen autobuses para a realización de actividades extraescolares (excursións...):

·               Limpeza con auga e deterxente das superficies interiores, como son os pomos das portas, as varandas…

·               Ter dispoñibles no autobús panos de papel desbotables e un caldeiro ou papeleira (preferentemente que se accione co pé e teña bolsa de plástico no seu interior) e  xel hidroalcohólico.

·               Ventilar o autobús e, en todo caso, sempre ao principio e ao final de cada traxecto.

 

       Material de hixiene persoal.

É imprescindible que o centro teña dispoñibilidade do seguinte material de hixiene persoal:

v                  Xabón e xeles para a hixiene do persoal (se son precisos): lavar as mans etc.

v                  Toallas de papel desbotables, no caso de que non se dispoña de secadores de aire.

v                  Panos desbotables.

v                  Papel hixiénico.

v                  Cubos con tapa e con apertura a pedal.

v                  Bolsas do lixo de plástico.

Material para a limpeza do centro.

Deberase  asegurar a reserva dos seguintes materiais de limpeza das instalacións:

v                  Xabón ou deterxente normal.

v                  Guantes de limpeza.

v                  Lixivia.

v                  Produtos habituais de limpeza.

 

3.2 Pautas que se deben seguir no suposto de que algún membro da comunidade educativa presente síntomas de gripe A.

3.2.1 Síntomas da gripe.

Os síntomas da gripe son: febre alta (38º ou máis) de inicio agudo, acompañada por algún ou varios dos seguintes síntomas:

Respiratorios (tose, mucosidade nasal, dificultade respiratoria), dor de cabeza, de garganta, dores musculares, irritabilidade (en nenos pequenos) e malestar xeral. Ás veces tamén poden presentarse diarrea e vómitos.

Todos estes síntomas son orientativos, a non presenza dalgún deles non implica que non exista infección.

3.2.2. Actuacións ante un posible caso de gripe no centro escolar.

 

Ante a presenza dun posible caso de gripe A no centro escolar, deberán seguirse as seguintes pautas de actuación:

 

Esta persoa debe manterse polo menos a un metro da persoa afectada, sempre que non necesite axuda. Cando deixe de atendelo, lavará as mans.

 

 

No caso de que a persoa presente síntomas de gravidade (ver epígrafe 4 do protocolo) deberase chamar ao 061.

 

 

3.2.3. Recomendacións sobre como proceder nos centros docentes ante casos particulares.

 

Como síntese do anterior, preséntanse a continuación distintas situacións sanitarias que van requirir adoptar diferentes medidas.

 

A.   Persoa sen síntomas.

 

Todo membro da comunidade escolar que non presente ningún dos síntomas mencionados con anterioridade, xa sexa do profesorado, do colectivo de persoal non docente, do alumnado ou do colectivo de nais e pais, asistirá ao centro con total normalidade.

 

B. Persoa con síntomas:

 

1.      Inicia síntomas no centro.

Seguiranse as medidas previstas para os centros: epígrafe “Actuacións ante un posible caso de gripe no centro escolar”

 

2.      Inicia fóra do centro os síntomas:

       -Debe quedar na casa.

 

§         En ambos os dous casos o tempo de reincorporación ao centro será ata 24 h, despois de que cese a febre, unha vez deixa o tratamento antitérmico.

 

§         Os nenos ou persoal dos centros que estean tomando tratamento antiviral deben quedar na casa ata 24 h despois de que cesen os síntomas e sempre que pasasen 7 días. Estas mesmas indicacións deben seguilas todos os nenos e profesores ata educación primaria incluída e tamén as persoas que estean a traballar en centros onde o alumnado sexan persoas que nun número elevado poden presentar factores de risco.

 

3.2.4. Pautas de actuación para pais e nais de alumnos ante a gripe.

 

O equipo directivo deberá facerlles chegar esta información aos pais e ás nais que teñen fillos ou fillas escolarizados no centro escolar polas canles que considere máis axeitadas.

 

Deberá recomendarlles, así mesmo, que vixíen os seus fillos e, se observan que presentan algún síntoma da gripe, que non asistan ao centro nin a zonas de aglomeración ou ocio e que contacten cos centros sanitarios, de consideralo preciso, e sempre cando teñan factores de risco ou síntomas de gravidade.

 

Farase especial énfase nas medidas de prevención que deseguido se relacionan:

§         Extremar o coidado da hixiene persoal, lavando frecuentemente as mans con auga e xabón.

§         Non compartir alimentos, vasos ou garfos etc.

§         Cubrir o nariz e a boca ao tusir e ao esbirrar cun pano; esbirrar sobre o ángulo interno do cóbado. Tirar o pano desbotable nunha bolsa de plástico. Se non se ten un pano, esbirrar sobre a manga da camisa para non contaminar as mans.

§         Evitar tocar os ollos, o nariz ou a boca.

§         Prestarlle atención á saúde, sobre todo se presenta algún dos síntomas que caracteriza a gripe A: febre, tose, mucosidade nasal, dificultade respiratoria, dor de cabeza, dores musculares, malestar xeral etc.

§         Quedar na casa cando se estea enfermo e consultar co seu pediatra, se é preciso,  o tratamento que cómpre seguir.

§         Practicar bos hábitos de hixiene. Débese ventilar diariamente a casa, os cuartos e os espazos comúns; limpar as superficies e os obxectos de uso común cos produtos de limpeza habituais (baños, manubrios, pomos teléfonos, xoguetes etc.).

§         Colaborar coas autoridades sanitarias e cos servizos de saúde pública.