
![]()
Ante a situación xerada pola aparición
da gripe A, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en
coordinación coa Consellería de Sanidade e seguindo as directrices do
Ministerio de Sanidade e Política Social e da Organización Mundial da Saúde
(OMS), quere informar os centros docentes e transmitirlles unhas indicacións co
obxectivo de actuar da forma máis correcta ante as situacións que se lles
poidan presentar e contribuír a despexar as dúbidas do conxunto da comunidade
escolar (colectivo docente e non docente, alumnado, nais e pais de alumnos/as).
As medidas que se están adoptando van
encamiñadas a evitar a propagación do virus causante desta nova gripe e ao
correcto tratamento de todas as persoas afectadas. Son medidas cun carácter
eminentemente preventivo dirixidas tanto ás persoas como ao contorno, que tamén
se deben adoptar nos centros educativos.