
![]()
A
prevención é a mellor medida fronte
á gripe e para previr o contaxio e a propagación
do virus é importante seguir os seguintes consellos básicos:
ü
Lavar as mans. Esta é a principal medida
de hixiene.
As gotiñas que se emiten
ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir
uns minutos, por iso é importante o lavado de mans.
·
Lave as mans cada vez que tusa ou
esbirre.
·
Láveas con
auga morna e xabón durante 20 segundos.
·
Láveas, tamén, entre os dedos.
·
Tamén se pode usar xel desinfectante
baseado en hidroalcohol, que non precisa auga. Pódese
comprar na maioría dos supermercados e farmacias. Se usa xel, refregue as mans
ata que seque o xel.
|
MODO DE LAVAR AS MANS |
|
|
|
|
v
Despois de tusir.
v
Despois de esbirrar.
v
Tras asoarse, tocar o nariz ou a boca.
v
Antes e despois de cada comida.
v
Tras cambiar cueiros.
v
Tras ir ao aseo.
v
Tras xogar ou tocar xoguetes comúns.
v
Cando
estean visiblemente sucias.
ü
Tapar a boca e o nariz ao tusir
ou esbirrar.
Ao esbirrar ou tusir, debe tapar a boca e o nariz cun pano de
papel e, a continuación, tiralo ao lixo. Despois de tusir ou esbirrar, debe evitar tocar
os ollos, o nariz e a boca.

·
Tusa ou esbirre sobre un pano de papel e
logo tíreo ao lixo.

·
Tusa ou esbirre contra o brazo e non
contra as mans, se non ten un pano de papel.
ü
Limpar
frecuentemente os obxectos cos que se ten contacto.
O virus tamén pode
depositarse en superficies (de mobles, tiradores de portas, obxectos, etc.), onde pode permanecer de horas a días, por iso é
importante limpar máis frecuentemente (máis dunha vez ao día) estas superficies
cos produtos de limpeza habituais.
Outras
medidas:
«
Se está con gripe, quede
na casa durante o tempo indicado anteriormente segundo a idade e a situación.
«
Se non
ten gripe e é época de gripe, evite os lugares onde haxa moita xente, na medida
do posible, xa que é máis fácil contaxiarse, especialmente se pertence a un
grupo de risco.
«
Durma ben, aliméntese de xeito saudable, beba auga, leve
unha vida fisicamente activa e evite as bebidas alcohólicas e o tabaco.
«
Ventile máis a
miúdo abrindo as fiestras.
«
Se está
enfermo, evite contaxiar a outras persoas seguindo os consellos dos
profesionais sanitarios.
« Evite os bicos e o contacto moi
próximo, así como compartir vasos, cubertos e outros obxectos que puidesen
estar en contacto con saliva ou secrecións.
|
Se
ten síntomas da enfermidade, contacte cos servizos sanitarios a través do
número de emerxencias sanitarias 061. |