
![]()
q
Que é a nova gripe A?
A nova gripe é unha enfermidade
respiratoria aguda causada por un novo virus da gripe tipo A ante o cal,
precisamente por ser novo, non estamos inmunizados.
q
Que
síntomas presenta?
Os
síntomas da gripe A nas persoas son similares aos da gripe estacional ou común,
entre os que se inclúen febre alta (
«
Respiratorios
(tose, esbirros, mucosidade nasal, dificultade respiratoria, etc.).
«
Dor de cabeza, de
gorxa, dores musculares e malestar xeral.
«
Algunhas veces, pode asociarse a diarrea e
vómitos.
A meirande
parte das gripes son leves, do mesmo xeito ca nos casos de gripe estacional;
esta gripe podería ser grave para algúns grupos máis vulnerables, ou de risco,
da poboación. Moi excepcionalmente, podería ser grave en persoas sas que non
pertencen a estes grupos.
No caso
de que se considere que se ten a gripe A e non se presenta ningún síntoma de
gravidade, débese quedar na casa ata que remitan os síntomas. Agora ben, hai
que estar atento por se se produce algún síntoma de gravidade.
q
Como se transmite?
A gripe A contáxiase entre as persoas
da mesma maneira cá gripe estacional, directamente dunha persoa a outra,
principalmente cando unha persoa con gripe tose, esbirra ou fala. Tamén pode
contraerse a enfermidade indirectamente ao tocar algo contaminado polo virus da
gripe e levar as mans á boca ou ao nariz.
O período no que se pode contaxiar o
virus vai, por norma xeral, dende as 24 horas anteriores á aparición dos
síntomas, ata os 7 días despois do seu inicio, aínda que o período de máximo
contaxio é nos 3 primeiros días de iniciados os síntomas. Os nenos/as poden
contaxiar algo máis de tempo.
Aínda que a recomendación para a
poboación sa cando padece unha gripe, sempre que non pertenza a un colectivo no
que estea indicada outra cousa, é permanecer na casa ata 24 horas despois de
que cese a febre unha vez se deixa o tratamento para baixala:
|
Recoméndaselle ao alumnado e
profesorado de educación infantil e primaria que permaneza na súa casa ata 24
horas despois de que cesen os síntomas e sempre que pasasen 7 días. |
q
Tratamento
A
maioría dos casos da gripe cura soa coas medidas habituais: beber líquidos en
abundancia (auga, zumes, infusións, etc.).
O novo virus da gripe trátase como a gripe
estacional, con medicamentos que alivien os síntomas, para baixar a febre, para
a tose, para as dores musculares, etc. Débense seguir as recomendacións dos
profesionais sanitarios ata recuperarse para evitar o contaxio a outras
persoas. É importante extremar as medidas de hixiene.
Os antibióticos non están indicados,
por tratarse dun virus. Só son útiles, sempre baixo prescrición médica, no caso
de producírense complicacións bacterianas.
Os coñecidos como antivirais só se
empregan baixo prescrición médica e só para tratar as persoas que pertencen aos
grupos de risco.
q
Hai vacina fronte a este virus?
A vacina contra a gripe estacional protexe as
persoas contra as cepas habituais dos virus
da gripe. As vacinas que se usan contra a gripe estacional non
demostraron eficacia fronte ao novo virus.
Nestes momentos, estase a probar a eficacia da vacina contra a gripe A e
prevese que estea dispoñible para administrarlla á poboación nun espazo breve
de tempo.
q
Que persoas teñen máis risco de contraer a gripe?
Actualmente, os datos dispoñibles son
insuficientes para determinar dunha maneira precisa quen ten maior risco de
complicacións da gripe A. Así pois, neste momento, considéranse os mesmos
grupos de persoas con factores de risco que para a gripe común. Estes grupos
son:
ü
As mulleres
embarazadas, especialmente no segundo e terceiro trimestre.
ü
Persoas con
enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión).
ü
Persoas con
enfermidades respiratorias crónicas (que inclúe displasia broncopulmonar e
fibrose cística e asma moderada-grave persistente).
ü
Persoas con
diabetes mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxico.
ü
Persoas con
insuficiencia renal moderada ou grave.
ü
Persoas con enfermidades
do sangue, como hemoglobinopatías ou anemias moderadas ou graves.
ü
Persoas con
asplenia (sen bazo).
ü
Persoas con
enfermidade hepática crónica avanzada.
ü
Persoas con
enfermidade neuromuscular grave.
ü
Adultos e nenos que
teñen inmunosupresión (incluída a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de
transplantes).
ü
Persoas con
obesidade mórbida (persoas cun índice de masa corporal superior a 40).
ü
Nenos e
adolescentes (menores de 18 anos) que reciben aspirina a longo prazo e que
poderían estar en risco de experimentar a síndrome de Reye logo da infección
polo virus da gripe.
Estes grupos poden sufrir cambios
segundo avance o coñecemento sobre a enfermidade, polo que é importante
consultar con frecuencia a web: http://www.galiciasaude.es/gripe.
q
Cando se debe acudir ao médico?
Aínda que a recomendación xeral cando
se ten gripe, especialmente para adultos sans, é non acudir a un centro
sanitario, todas as persoas deben estar atentas e, se presentasen algún ou
algúns dos signos ou síntomas de agravamento da enfermidade que se indican a
continuación, deben solicitar asistencia médica.
«
Nos nenos
e nenas:
«
Respiración rápida
ou dificultade para respirar.
«
Cor gris azulada da
pel.
«
Non beber
suficientes líquidos.
«
Vómitos
persistentes.
«
Non espertar ou non
interactuar.
«
Estar
moi irritable.
«
Nos mozos e nos adultos:
«
Dificultade para
respirar ou dor no peito.
«
Cor púrpura ou azul
dos beizos.
«
Ter vómitos e non
poder reter os líquidos e ter signos de deshidratación, tales como mareos ao estar
de pé, ausencia da micción.
«
Ter convulsións.
|
De
presentar algún destes síntomas, debe solicitarse asistencia médica de
inmediato, a través do 061. |