Voltar ó portal da xunta. Logotipo Consellería Educación e Ordenació Universitaria                           

 

 

 

 

4. RECOMENDACIÓNS QUE HA SEGUIR O COIDADOR DUN PACIENTE CON GRIPE A

 
 

 

 


q            Recomendacións que se deben seguir para reducir a propagación da gripe no fogar.

 

«       Manter a persoa enferma tan lonxe como sexa posible doutras persoas. Non deberá recibir máis visitas cás sanitarias.

«       Lembrarlle á persoa enferma que se cubra ao tusir, que lave as mans con frecuencia e, sobre todo, despois de tusir e/ou esbirrar.

«       Todos os membros da familia deberán lavar as mans con frecuencia, usando auga e xabón.


«       Utilizar toallas de papel para secar as mans ou toallas de tea (neste caso, cada un terá a súa).

«       Se é posible, só unha persoa será a encargada de coidar o enfermo.

«       As mulleres embarazadas non deberán coidar dunha persoa enferma por ter máis risco de complicacións relacionadas coa gripe, xa que a inmunidade pode estar diminuída durante o embarazo.

«       Realizar unha adecuada ventilación nos espazos comúns do fogar.

«       Tirar os panos desbotables e outros artigos semellantes utilizados pola persoa enferma no lixo, pechar a bolsa e despois lavar as mans.

«       Manter as superficies (en particular, mesas de noite, superficies do cuarto de baño e os xoguete dos nenos) limpas cun desinfectante do fogar, de acordo coas instrucións da etiqueta do produto.

«       A roupa de cama, utensilios de comida e os pratos usados polo enfermo non necesitan lavarse por separado, pero é importante que non sexan utilizados por outra persoa ata que estean ben lavados.

«       Lavar a roupa da cama (como sabas e toallas) con xabón na lavadora e, logo de tocar a roupa sucia, lave as mans con auga e xabón.

«       Evitar sacudir a roupa antes de lavala.

«       A vaixela e os cubertos deberán lavarse no lavalouza ou á man con auga e xabón.

 

q       Que se debe facer coas persoas enfermas que están na súa casa?

 

«       Mantelas nun cuarto separado das zonas comúns da casa (se é posible, nun cuarto que dispoña do seu propio baño e ventilación). Manter a porta pechada.

«       Se é posible, as persoas enfermas deberán utilizar un único cuarto de baño que se limpará a diario empregando un desinfectante doméstico.

«       Se non pode dispoñer do seu propio baño, despois de que o enfermo o utilice, debe limparse seguindo as instrucións dadas.

«       Agás que sexa necesario para recibir atención médica, o paciente non deberá abandonar o fogar ata que non teña ningún síntoma, sempre que pasen 7 días dende o inicio dos síntomas.

«       No caso de que precise saír do fogar, deberá usar unha máscara cirúrxica, se a tolera.

«       Os pacientes deberán levar unha máscara cirúrxica, se a toleran, cando se atopen nun espazo común da casa na que estean outras persoas.

 

 

q       Recomendacións que debe seguir o coidador/a dun paciente de gripe.


As persoas que coiden un paciente de gripe debe seguir as seguintes indicacións:

«       Evite estar cara a cara coa persoa enferma.

«       Cando sosteña un neno/a pequeno, poña o seu queixo nos seus ombros para evitar que lle tusa na cara.

«       Lave as mans con auga e xabón despois de tocar a persoa enferma ou os seus panos ou roupa.

«       Previamente a saír da casa, realice unha axeitada hixiene das mans.

«       Controle se vostede ou algún membro da familia presenta febre ou outros síntomas da gripe e, nese caso, contacte co seu médico e coméntello.