RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROGRAMA DE ANTICIPACIÓN 08-09

Autorización definitiva de novos centros para impartir o programa de anticipación da primeira lingua estranxeira a partir do curso 08-09. Os centros que xa estaban a participar non aparecen na listaxe. A súa renovación é automática.

XORNADA: O MODELO CLIL, APRENDIZAXE INTEGRADA DE CONTIDOS E LINGUA

8 Nov 2008 - 10:00
8 Nov 2008 - 20:30
Etc/GMT

O próximo sábado 8 de novembro terá lugar no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela a Xornada de formación para o novo profesorado CLIL da nosa comunidade. A xornada é unha actividade dirixida unicamente ao profesorado que participa por primeira vez no Plan de Seccións Bilingües. Xa que logo só se admitirá ao novo profesorado CLIL. A inscrición debe realizarse a través da aplicación www.edu.xunta.es/fprof , buscando a actividade por linguas estranxeiras e seleccionando Servizos Centrais.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROGRAMA CUALE 08-09

Resolución  pola que se fai pública a relación definitiva de centros autorizados (centros novos e centros con novas modalidades) para participar no programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, Cuale, nos institutos de educación secundaria e nos centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia. Os centros que se manteñen nas mesmas condicións e modalidades que o curso anterior teñen renovación automática.

PROGRAMA DE LINGUA E CULTURA PORTUGUESA: CENTROS 08-09

No arquivo adxunto atópase a relación de centros do Programa de Lingua e Cultura Portuguesa para o curso 2008-2009, a relación do profesorado portugués adscrito aos centros e a adxudicación de horas para o devandito profesorado.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 6º DE PRIMARIA: QUENDAS E PAGAMENTOS

Por Orde ECI/930/2008, de 26 de marzo (BOE de 4 de abril),  convocáronse axudas destinadas a grupos de alumnos de 6º curso de educación primaria para o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística durante o primeiro trimestre do curso 2008/09.

SECCIÓNS BILINGÜES: RECOMENDACIÓNS METODOLÓXICAS PARA O NOVO PROFESORADO CLIL

No arquivo adxunto, o novo profesorado CLIL de seccións bilingües pode atopar unha serie de recomendacións metodolóxicas.

A Xornada de Formación " O MODELO CLIL" realizarase no mes de novembro.

SECCIÓNS BILINGÜES: PROBAS DE COMPETENCIA DO PROFESORADO

No arquivo adxunto atópase a listaxe de profesorado que debe realizar unha proba de idoneidade ao non ter presentado o certificado de posuír a competencia comunicativa necesaria para impartir unha sección bilingüe.

O devandito profesorado debe contactar co asesor de referencia para acordar data e hora de realización.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE SECCIÓNS BILINGÜES 08-09

Resolución definitiva da autorización de novos centros con seccións bilingües ou centros que xa estaban no plan e que solicitan novas seccións para o curso 2008-2009.

Os centros que xa estaban a participar e que manteñen as mesmas condicións teñen renovación automática e, por tanto, non aparecen nesta resolución. Nos arquivos adxuntos atópase a relación de centros de ensino primario, secundario e formación profesional de nova autorización.  A resolución no DOG publicarase neste mes.

BLOG PALE 2008

Blog do programa PALE 2008.

ENTRAR

LIBRO: Enseigner la philosophie et l’éthique en section plurilingue de français

LIBRO: Enseigner la philosophie et l’éthique en section plurilingue de français

Enseigner la philosophie et l’éthique en section plurilingue de français de  Adelino Braz, Rafael Cabello Léon et Maria Victoria Larrauri Elortegui, Consejeria de Educacion del Pais Vasco, 2008.

(c) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia

powered by Drupal - template FlorAll