O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro específico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galicia, posibilitando así a súa catalogación, sistematización e custodia. Deste xeito, asegurarase a súa permanencia no tempo, fomentarase a súa indagación científica e propiciarase a súa transmisión como legado vivo e en emerxencia continua ao acervo cultural de Galicia.
O Consello da Xunta de Galicia acordou o 26 de outubro 2006 o recoñecemento do Mupega como museo de contido pedagóxico e científico-técnico de ámbito autonómico galego.