O IES Eusebio da Guarda incorpórase á Rede Mupega
A Consellería de Educación asinou o protocolo de colaboración coa Rede Mupega de institutos históricos de Galicia co instituto coruñés da Praza de Pontevedra. O IES Eusebio da Guarda súmase así ao colectivo de centros de ensino secundario que, creados na segunda metada do século XIX, acubillan nos seus edificios espléndidas coleccións científicas, valiosos fondos documentais e riquísimos fondos bibliográficos.
Visita cultural da ONCE Coruña ao Mupega
Un grupo de discapacitados visuais visitaron as nosas instalacións dentro do programa de actividades culturais que a Delegación Territorial da ONCE da capital herculina programa para os seus asociados. Tanto os visitantes coma os seus directivos destacaron a excelente colaboración do persoal do Mupega e o alto de grao de accesibilidade que presente o museo. Facilitáronselles audioguías sonoras e un manual con toda a información textual presente nas salas do museo editada en linguaxe braille.
O CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo visita o Mupega
O alumnado do colexio mindoniense disfrutou nas instalacións do museo e de xeito particular na sala de exposicións temporais coa colección de "Principiños" que segue a recibir críticas moi positivas por parte dos nosos pequenos visitantes.
Unha escolla dos nosos mellores actores no Mupega
Un selecto e coñecido grupo de actores realiza unha sesión fotográfica no Mupega para anunciar a súa próxima obra teatral: "El florido pensil". Antonio Durán ‘Morris’, Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Josito Porto, Alfonso Agra e Federico Pérez visitaron o Museo co obxecto de realizar unha sesión fotográfica que servirá de cartel de presentación
do seu próximo espectáculo teatral: “El florido pénsil”, dirixido por Fernando Bernués e Mireia Gabilondo
COÑECE O MUPEGA!  Visitas Escolares
Este curso o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) convídavos as súas exposicións didácticas, a través das visitas escolares. Organizamos grupos desde Infantil a Secundaria, adaptándonos ás características e necesidades de cada grupo, pero sempre perseguindo un obxectivo común: amosar o rico patrimonio escolar ás novas xeracións para facelas partícipes do mesmo.
Nadal 2014
Un ano máis o MUPEGA quere achegar ó seu público e ós seus colaboradores e seguidores a tradicional tarxeta navideña, que este ano leva un fermoso texto do libro "Os nenos" de Xosé Filgueira Valverde - Letras Galegas 2015-. Confiamos en que sexa do voso agrado e máis aínda que os desexos que nela se expresan... se cumpran para ben de todos e todas.
Exposición itinerante sobre o químico Ribas Marqués
Exposición itinerante sobre o químico Ribas Marqués
Inauguramos un novo curso escolar no MUPEGA cunha exposición itinerante.
Na primeira planta do edificio existe un espazo museográfico definido expresamente para acoller mostras periodicamente, que poden ser de fondos propios ou doutras institucións, pero que serven para poñer en valor diversos aspectos relacionados co mundo educativo en xeral.
Neste caso trátase dunha pequena exposición didáctica organizada polo Colexio oficial de Químicos de Galicia e versa sobre a biografía, labor docente e investigadora do químico Ignacio Ribas Marqués. Esta exposición súmase á homenaxe que a Real Academia Galega de Ciencias realizoulle no Día da Ciencia en Galicia en 2016. Faise fincapé nas súas liñas de traballo co corcho e os alcaloides, onde demostra o seu amor a Galicia reflectido dando nome da xeografía galega aos alcaloides que descubriu como orensina, iso-orensina, santiaguina, pontevedrina, etc.. extraídos de plantas tan nosas como a "xesta", así como a súa contribución e colaboración co instituto Servet na obtención dun remedio para as hemorraxias no parto.
Poderase visitar no horario habitual de apertura do museo, ata o sábado 14 de outubro.