Alumnado de 1º de Grao en educación primaria.
(02/03/2019 | 12:54)
O alumnado de 1º do Grao en educación primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, veu coñecer o museo o pasado xoves 28.
Acompañados polo profesor de historia da educación, aproveitaron a visita para poñer imaxes ao xa estudado na aula.
Agardamos que a visita resultara de interese aos futuros mestres.
Alumnado do CEIP de Outes.
(02/03/2019 | 12:38)
O mércores 27 viñeron ao museo os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do CEIP de Outes.
Os rapaces aprenderon como era a escola cando os seus avós eran pequenos e, como non, participaron nas actividades que se lles propuxeron.
Agardamos que gozaran da visita e que volten noutra ocasión.
Obradoiro de entroido 2019
(26/02/2019 | 14:56)
Este 22 de febreiro celebramos no Mupega un entroido moi adiantado, xa que este ano cae tarde. Os rapaces e rapazas asistentes divertíronse aprendendo sobre os entroidos tradicionais galegos facendo crebacabezas e construíron un divertido boneco/intrumento musical. Grazas a todos eles por vir.
Podedes ver o vídeo clicando no enlace.
Alumnado do IES Ribeira do Louro.
Alumnado do IES Ribeira do Louro.
(22/02/2019 | 14:48)
Onte, o alumnado de 3º da ESO do Instituto Ribeira do Louro de O Porriño visitou a exposición temporal: "Homo sapiens: transmisor de coñecemento".
Os rapaces e rapaces descubriron, a través dunha visita guiada, as pezas máis interesantes que agachan os Institutos máis antigos de Galicia.
Agardamos que a visita resultase do seu interese e que volten noutra ocasión para coñecer tamén a nosa exposición permanente.
Alumnado do CIFP Ferrolterra.
(22/02/2019 | 14:34)
O pasado mércores viñeron visitar o museo o alumnado de 1º do CFGS de Ferrolterra
Os futuros educadores e educadoras percorreron o MUPEGA con moito interese, especialmente nos aspectos máis relacionados coa educación dos máis pequenos
Agardamos que quedaran satisfeitos coa visita e que sigan visitándonos cada ano.
Alumando de 1º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar, de Betanzos.
(21/02/2019 | 19:28)
Hoxe tivemos unha visita moi especial no museo: os estudantes de 1º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar, de Betanzos, acompañados por seis maiores.
A visita forma parte dun proxecto que están realizando no centro para que os mozos coñezan como era a escola antiga.
Os estudantes percorreron o museo acompañados polas explicacións das guías e polo relato das experiencias dos maiores na súa etapa de nenez na escola.
Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845)
(21/02/2019 | 16:00)
Onte viñeron visitar o noso museo un gupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO do CPI Domingo Fontán de Portas.
Os estudantes percorreron atentamente o museo acompañados dos nosos guías, despertando especial atención para eles a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. O mapa, elaborado polo científico, matemático e político decimonónico nacido en Portas e que da nome ao seu centro educativo, foi se dúbida a estrela do percorrido.
Agardardamos que a visita fose do seu agrado e que volvan vernos en máis ocasións.
Alumnado do CEIP Pedrouzos nunha aula antiga
Descubrindo o baúl de Doloriñas
(21/02/2019 | 15:52)
Este martes 19 recibimos a visita dos rapaces e rapazas do colexio Pedrouzos de Brión.
O numeroso grupo amosouse encantado e moi participativo no noso museo, demostrando un bo coñecemento dos xoguetes e das tradicións antigas.
Foi unha visita moi agradable. Agardamos que desfrutaran da mesma e que volten en máis ocasións.