alumnado de 1º de Primaria do Colexio Hijas de Jesús
alumnado de 1º de Primaria do Colexio Hijas de Jesús
(18/01/2018 | 15:53)
Hoxe recibimos a visita de 50 rapaciños e rapaciñas de 1º de Primaria do colexio coruñés Hijas de Jesús.
O simpático e encantador grupo, estivo moi atento e participou en todas as actividades organizadas. Foi unha visita moi divertida. Agardamos que disfrutaran moito do noso museo e que volvan visitarnos en máis ocasións.
1º A do CEIP Cardeal Quiroga Palacios.
1º B do CEIP Cardeal Quiroga Palacios.
(18/01/2018 | 09:45)
Onte visitounos o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
Os estudantes percorreron a exposición temporal moi atentos e interesados nas explicacións. Visitaron ademais a aula do franquismo, xa que está relacionada cun proxecto que están realizando na aula.
Desexamos que a visita fora do seu agrado e esperamos volver a velos novamente.
Usuarios de Sarela e os seus coidadores.
(12/01/2018 | 15:30)
Hoxe recibimos un pequeno grupo de persoas pertencentes a Sarela, a asociación de dano cerebral de Compostela.
O encantador grupo, visitou a exposición temporal "O mundo nas mans" e o obradoiro, sendo una visita cercana e moi entretida.
Foi un placer contar coa súa visita e agardamos que volvan visitarnos en moitas máis ocasións.
Alumnos do grupo empresarial G12
(12/01/2018 | 15:21)
O pasado mércores recibimos a visita dun pequeno grupo de persoas pertencentes a asociación G12 de Santiago.
A visita resultou moi cercana e o grupo amosouse moi interesado e participativo ao longo dos diferentes espazos que conforman o noso museo
Foi un placer recibilos no Mupega. Agardamos que nos visiten en máis ocasións.
xa son 100.00 os nosos visitantes!
(08/01/2018 | 11:40)
No Mupega empezamos o ano con moi bo pé, festexando o visitante 100.000. O martes 2 de xaneiro, unha familia formada por un pai cos seus dou fillos foron os afortunados e recibiron un agasallo conmemorativo do museo. Parabéns, e a por outros cen mil máis!!!!
Visita dun grupo de Boiro.
(28/12/2017 | 19:44)
Hoxe visitounos un grupo de rapaces e rapazas que veu coa Cruz Vermella de Boiro. O grupo percorreu a exposición permanente acompañado polo persoal do museo.
Desexamos que a visita fora do seu agrado e que volten ao museo noutra ocasión.
Alumnado de 5º de primaria do Jorge Juan Perlío
Alumnado de 5º de primaria do Jorge Juan Perlío
(20/12/2017 | 15:45)
Hoxe recibimos a visita dun gran grupo de alumnos e alumnas de 6º de primaria do colexio Jorge Juan Perlío.
O alumnado percorreu o noso museo con moito interese, preguntando dúbidas e divertíndose a través de varios xogos.
Resultou un grupo moi agradable e divertido. Agardamos velos en máis ocasións
3º de Primaria do CEIP O Coto.
3º de Primaria do CEIP O Coto.
(20/12/2017 | 10:35)
Onte visitounos un nutrido grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP O Coto, de Negreira.
No percorrido polo museo, o alumnado mostrouse moi interesado en saber como era a escola antes en Galicia, e fixeron preguntas de todo aquilo que lles chamaba a atención.
Esperamos que a visita fora do seu agrado e esperamos volver a velos de novo.