Alumando de 3º B do CEIP Lamas de Abade.
Alumando de 3º A do CEIP Lamas de Abade.
(21/12/2018 | 14:25)
Onte veu ao museo o alumnado de 3º de Primaria do CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela.
Os estudantes xa sabían moito sobre como era a escola dos seus avós, pois traballaran o tema antes da visita. Agardamos que o percorrido polo museo servira para ampliar información.
Esperamos velos novamente.
Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845)
(20/12/2018 | 09:52)
Unha das maiores xoias que garda o noso museo é a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán de 1845, o primeiro mapa da nosa comunidade elaborado con criterios científicos e un dos mellores de Europa.
Xa descansa no seu lugar definitivo, nunha vitrina especialmente deseñada para el na planta baixa na entrada ao salón de actos.
Vide a visitalo!
Alumnado do CEIP Mestre Pastor Barral
Alumnado do CPI Bembribe
Alumnado do CPI Bembribe
Alumnado do CPR San José de la Guía.
(19/12/2018 | 20:03)
Hoxe recibimos unha gran afluencia de visitantes no museo. Viñeron a vernos tres centros educativos: o alumnado de 5º e 6º do CEIP Mestre Pastor Barral, o alumnado de 6º de primaria e da ESO do CPI Bembibre e, por último, o alumnado de Ciclo Superior de Educación Infantil do CPR San José de la Guía.
Moitas grazas a todos eles pola súa visita. Agardamos que desfrutaran da mesma e que volvan visitarnos en máis ocasións.
Alumnado do colexio San Luís Romero.
Alumnado do colexio San Luís Romero.
(19/12/2018 | 19:51)
Onte recibimos a visita dun agradable grupo de rapaces do colexio San Luís Romero.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria percorreron o museo amosando moito interese e participando moito na visita.
Resultou unha experiencia estupenda telos recibido e agardamos que volten en máis ocasións.
Obradoiro de Nadal 2018.
(19/12/2018 | 16:11)
O pasado venres tivemos no museo o último obradoiro do ano.
Agradecemos a todos os nenos e nenas asistentes a súa axuda e agardamos que vos guste este pequeno vídeo.
Bo Nadal e feliz aninovo para todos e todas.
Visita ao pasado.
Visita ao pasado, grupo de amigos de Santiago.
(18/12/2018 | 14:02)
O pasado sábado recibimos no museo unha visita moi especial: unha visita de época.
O grupo visitante acudiu ao Mupega ataviados con vestimentas de finais do século XIX e principios do XX, moi axeitadas coas aulas históricas do noso museo.
Resultou unha visita moi amena e interesante que nos permitiu a todos mergullarnos un pocou máis na atmósfera de épocas pasadas.
Obradoiro de Nadal.
(11/12/2018 | 09:16)
Este venres, 14 de decembro, realizarase no Museo Pedagóxico de Galicia unha actividade coa temática do Nadal.
No Mupega queremos decorar unha árbore coa axuda dos nenos e nenas.
Aqueles que estean interesados deberán enviar un correo electrónico á dirección museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.es, con nome do neno/a, a súa data de nacemento e un teléfono de contacto.
Obradoiro de papiroflexia.
Obradoiro de papiroflexia.
(04/12/2018 | 11:41)
O venres 23 de novembro organizamos unha actividade de papiroflexia para nenos e nenas un pouco máis maiores do habitual.
Os rapaces e rapazas construíron un calendario do 2019 con forma de dodecaedro de moitas cores.
Esperamos que gozaran da actividade.