Alumnado do CEIP Plurilingüe Lagostelle.
Alumnado do CEIP Plurilingüe Lagostelle.
(08/11/2017 | 20:42)
Hoxe recibimos a visita dun gran grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria do Colexio Lagostelle de Guitiriz.
O alumnado disfrutou coñecendo a escola dos seus avós e avoas no noso obradoiro e descubrindo os xoguetes e xogos tradicionais.
Foi unha experiencia estupenda. Esperamos que o pasaran moi ben e volten noutra ocasión.
Centro de Formación RECURSOS.
(08/11/2017 | 20:19)
Onte contamos coa visita dun pequeno grupo de persoas do centro Recursos de Santiago de Compostela.
O grupo percorreu as nosas instalacións participando activamente da visita e amosando un gran interese polo patrimonio educativo da nosa comunidade
Agradecemos a súa visita esperando que fose do seu agrado e que volvan e máis ocasións.
CIFP Portovello
(08/11/2017 | 16:07)
Onte visitounos un numeroso grupo de estudantes de 1º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Portovello de Ourense.
O persoal do museo acompañou ao alumnado no percorrido pola exposición permante, facendo referencia ás actividades que se realizan nas visitas de nenos e nenas de Educación Infantil.
Esperamos volver a recibilos pronto.
2º ESO do Centro Artai.
1º ESO do Centro Artai.
(08/11/2017 | 12:59)
Onte recibimos ao alumnado de 1º e 2º de ESO do Centro Artai de Carballo.
Os rapaces e rapazas mantivéronse moi interesados ao longo do percorrido da exposición permanente, e mesmo participaron facendo preguntas.
Esperamos que a visita fora do seu agrado e desexamos velos de novo moi pronto.
CEIP Bergantiños.
CEIP Bergantiños.
(08/11/2017 | 10:43)
O venres 3 de novembro recibimos a un animado grupo de 6º de Educación Primaria do CEIP Bergantiños, de Carballo.
Acompañados polo persoal do museo, o alumnado percorreu as distintas salas participando nas actividades propostas.
Agardamos que a visita fora do seu agrado e esperamos que volten noutra ocasión.
CPI Uxío Novoneira.
CPI Uxío Novoneira.
(07/11/2017 | 20:35)
O venres 3 de outubro recibimos no Mupega a un reducido grupo do CPI Uxío Novoneira, de Pedrafita do Cebreiro.
Os nenos e nenas percorreron o museo acompañados polo persoal e participaron activamente nas actividades deseñadas para eles.
Agardamos que a visita fora do seu agrado e que volvan a vernos pronto.
Asociación FEAFES Galicia.
(07/11/2017 | 13:52)
O sábado 4 de outubro recibimos un pequeno grupo da asociación FEAFES Galicia.
Unha responsable do museo acompañou polas distintas salas aos visitantes, que mostraron gran interese e curiosidade polas pezas expostas.
Esperamos que a visita fora do seu agrado e agardamos que volten noutra ocasión.
Alumnado de 3º e 4º de ESO do CPR Jesús Maestro.
Alumnado de 1º e 2º de ESO do CPR Jesús Maestro.
(02/11/2017 | 13:54)
O martes 31 de outubro tivemos a visita de dous grupos do CPR Jesús Maestro. Pola mañá veu o alumnado de 3º e 4º da ESO, e pola tarde os de 1º e 2º.
Os rapaces e rapazas percorreron a exposición permanente acompañados polo persoal do museo.
Desexamos que a visita fora do seu agrado e agardamos que volten noutra ocasión.