alumnado de 5º de Infantil, Colexio San Jorge.
alumnado de 6º de Infantil, Colexio San Jorge.
alumnado de 5º de Infantil, Colexio San Jorge.
(26/10/2017 | 13:56)
Hoxe tivemos a sorte de recibir no museo a un bo grupo de nenos e nenas de infantil do Colexio San Jorge.
Este encantador grupo divertiuse moito coñecendo as clases nas que estudiaban os seus avós e coñecendo os xoguetes cos que se entretiñan
Ademais tivemos tempo de facer varios xogos e ata un puzzle.
alumnado CEIP de Roxos
alumnado CEIP de Roxos
(19/10/2017 | 17:46)
Hoxe contamos coa visita dun nutrido grupo de simpáticos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do colexio santiagués de Roxos.
Durante a visita a exposición temporal "O mundo nas mans" amosáronse en todo momento atentos e participativos especialmente cando chegou a hora do xogo de pistas.
Foi un día moi divertido. Esperamos voltalos ver no Mupega.
CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde.
CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde.
(18/10/2017 | 14:31)
Hoxe visitounos un animado grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria.
Percorreron a exposición temporal de cartografía acompañados polo persoal do centro e participaron activamente no xogo de pistas.
Desexamos que desfrutaran da visita e esperamos recibilos novamente.
Alumnado do CEIP de Présaras
(18/10/2017 | 09:42)
Onte recibimos no Mupega a visita dun pequeno e encantador grupo de 3º a 6º de Educación Primaria.
Os alumnos e alumnas procedentes do colexio de Présaras aprenderon moito sobre mapas e realizaron unha divertida actividade relacionada coa exposición temporal "O mundo nas mans"
Agardamos que volvan visitarnos pronto
Alumnado de 4º de Primaria do CEIP López Ferreiro
Alumnado de 4º de Primaria do CEIP López Ferreiro
(18/10/2017 | 09:25)
Onte contamos coa visita do alumnado de 4º de Primaria do colexio López Ferreiro de Santiago de Compostela.
O numeroso e participativo grupo disfrutou da visita á exposición temporal "O mundo nas mans" e das actividades propostas.
Estaremos encantados de volver a recibilos novamente.
(18/10/2017 | 08:58)
Informamos que os días venres 27 e sábado 28 de outubro, o museo permanecerá pechado por mor das labores de desinsección, desinfección e desratización.
Desculpen as molestias.
alumnado de 3º ciclo de Primaria Colexio San Jorge
(13/10/2017 | 13:06)
Hoxe recibimos a visita dun numeroso grupo de alunmos e alumnas de 5º e 6º de primaria do Colexio santiagués San Jorge.
O simpático e atento grupo percorreu a exposición temporal "O mundo nas mans" acompañado polo persoal do museo e divertíronse co xogo das pistas.
A experiencia foi estupenda. Esperamos que volvan visitarnos.
Alumnado do máster  de profesorado. Facultade de Ciencias da Educación. Santiago
Alumnado do máster  de profesorado. Facultade de Ciencias da Educación. Santiago
(11/10/2017 | 18:49)
Onte, visitáronnos dous nutridos grupos de alumnos e alumnas do máster de profesorado, procedentes Facultade de Ciencias da Educación de Santiago.
Ámbolos dous grupos, visitaron a exposición permanente guiados polo persoal do museo.
Os futuros profesores e profesoras amosáronse moi interesados e participativos durante toda a visita.