Campamento de Verán no Mupega 2019
(04/06/2019 | 14:36)
Como xa está preto o verán queremos aproveitar para contarvos que o Museo Pedagóxico de Galicia levará a cabo, un ano máis, os Obradoiros de Verán: tres días nos que se farán traballos manuais e xogos no patio.
Unha actividade de verán continuada para nenas e nenos de 6 a 11 anos que se desenvolverá este mes de xuño polas mañás os días 25, 26 e 27 de 10:30 h. a 13h.
Para poder asistir á actividade será preciso cubrir e firmar o formulario de inscrición que tedes no enlace máis abaixo, e despois envialo ao noso correo ou levalo presencialmente ao museo. Para quen o prefira, hai formularios de inscrición no vestíbulo do museo.
IV Feira tradicional no CPI Cernadas de Castro, en Lousame.
IV Feira tradicional no CPI Cernadas de Castro, en Lousame.
IV Feira tradicional no CPI Cernadas de Castro, en Lousame.
(01/06/2019 | 13:54)
No CPI Cernadas de Castro de Lousame celebrouse onte a cuarta edición da Feira tradicional, á que foi conviado a participar o Museo Pedagóxico de Galicia.
A finalidade desta feira é a de amosar os oficios artesanais ao alumnado, ao tempo que se pon en valor a tradición e a riqueza cultural de Galicia.
O Mupega colaborou mostrando a figura do mestre e a mestra proporcionando materiais da escola de antes. Deste xeito, os nenos tiveron a oportunidade de coñecelos, e os maiores de atopar algúns que eles mesmos usaron na escola.
Alumnado de 3º do IES Johan Carballeira.
(29/05/2019 | 18:13)
Hoxe recibimos a visita do alumnado de 3º da ESO do Instituto Johan Carballeira de Bueu.
O grupo acompañado polos profesores/as do departamento de matemáticas, percorreron o museo especialmente interesados nas áreas dedicadas as ciencias.
Un dos curiosos obxectos que máis chamaron a atención do alumnado foi a calculadora mecánica Brunsviga de 1920.
Xogos tradicionais no patio do Museo Pedagóxico de Galicia.
Xogos tradicionais no patio do Museo Pedagóxico de Galicia.
(28/05/2019 | 15:19)
Hoxe veu coñecer o Museo Pedagóxico de Galicia o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Outes.
Os rapaces e rapazas non só percorreron unha parte do museo, senón que ademais puideron xogar no patio a xogos tradicionais.
Esperamos que a visita fora do seu agrado e que volten noutra ocasión.
"Maxia vs Ciencia" no Mupega
(25/05/2019 | 18:20)
Tarde de maxia e ciencia a pasada tarde no museo ao que acudiu un numeroso público.
Os nenos e nenas asistentes, acompañados tamén dalgúns familiares, participaron, asombráronse e riron no espectáculo do mago Paco que combinaba o marabilloso mundo da ciencia e os experimentos co sorprendente mundo da maxia.
Grazas a todas e todos por vir. Pasamos unha tarde fantástica na vosa compaña.
Lembrando as vellas escolas
(25/05/2019 | 18:14)
O pasado venres pola tarde visitounos un pequeno grupo de usuarios de AGADEA (Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencias tipo Alzheimer).
Os maiores percorreron aulas e obxectos da escola de antes.
Unha visita do máis entrañable, especialmente para algunhas das usuarias que foron mestras e profesoras e compartiron con nós lembranzas e anécdotas daquelas escolas.
Alumnado de 1º da ESO de  Santa María do Mar
Alumnado de 1º da ESO de  Santa María do Mar
(25/05/2019 | 18:09)
Onte recibimos a numerosísima visita do alumnado de 1º da ESO do Colexio Santa María del Mar.
Repartidos en dúas quendas diferentes viñeron coñecer a nosa exposición temporal "Homo sapiens, transmisor de coñecemento".
Agardamos que a visita fose do seu agrado en volvan noutra ocasión.
Recreando unha aula do século pasado.
(25/05/2019 | 17:55)
Onte visitounos un grupo de 1º de bacharelato do Colexio Mariano de Vigo.
Os alumnos e alumnas percorreron al aulas históricas e puideron coñecer como foi evolucionando a escola en Galicia ao longo do tempo, e ademais descubriron algúns valiosos obxectos didácticos da educación do pasado.
Agardamos que a visita resultase do seu agrado e que volten en máis ocasións.