IV Ciclo Universitario da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago
(24/05/2019 | 12:18)
Este mércores recibimos a visita dun pequeno grupo de adultos dun ciclo universitario de Ciencias da Educación de Santiago.
Percorreron acompañados da guía e do seu profesor as diferentes aulas que lles evocaron lembrazas das súas épocas de estudiantes.
Agardamos que tiraran proveito da experiencia e que volten en máis ocasións.
Espectáculo Maxia vs Ciencia
(21/05/2019 | 14:33)
Este venres 24 de maio ás 17:30 ofrecémosvos un divertivo espectáculo de maxia e ciencia a cargo do mago Paco dirixido a maiores de 8 anos.
Podedes vir acompañados dos vosos pais. Animádevos! Aprenderemos ciencia e pasáremolo moi ben.
Visita á exposición temporal en familia e xogo de pistas
Visita á exposición temporal en familia e xogo de pistas
Visita á exposición temporal en familia e xogo de pistas
Visita á exposición temporal en familia e xogo de pistas
(21/05/2019 | 10:58)
Este sábado 18 de maio celebramos o Día internacional dos museos cunha actividade familiar moi divertida.
Adultos e nenos viñeron a participar nunha visita especial a nosa exposición temporal "Homo sapiens: transmisor de coñecemento" que remataba cun xogo de pistas polas pezas da mostra.
Grazas a todas e todos por vir!
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
Visita interxeneracional
(16/05/2019 | 18:45)
Un ano máis, como ven sendo habitual dende vai xa uns cantos, cara finais de curso, recibimos unha visita un tanto especial.
Trátase dunha visita que xunta alumnado de primaria (alumnado de 5º do CEIP de Calo) e persoas da terceira idade (usuarios do programa Activa-T da Asociciación AGADEA).
A visita foi moi enriquecedora para todos, os menores descubriron a sabiduría das persoas de idade e os nosos maiores aumentaron a súa motivación e actividade.
1º e 2º de primaria do CEIP de Sigüeiro
(16/05/2019 | 18:31)
Este martes viñeron de visita ao museo os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria do colexio de Sigüeiro.
O numerosísimo grupo percorreou o museo descubrindo aulas antigas, obxectos que se empregaban nas aulas e xoguetes antigos e mesmo fixeron un crebacabezas xigante!
Agardamos que a visita fora do seu agrado e que repitan no Mupega en máis ocasións.
AGADEA Santiago nunha aula do Mupega
(16/05/2019 | 18:25)
O pasado venres visitounos un pequeno grupo de usuarios de AGADEA (Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencias tipo Alzheimer).
Os maiores percorreron aulas e obxectos da escola de antes que lles traían nalgún casos lembranzas da súa infancia.
Unha visita do máis entrañable que agardamos que repitan, sempre que así o desexen.
Alumnado de 2º ESO do IES Otero Pedrayo de Ourense
(16/05/2019 | 14:34)
O pasado día 8 de maio recibimos no Mupega ao alumnado de 2º da ESO do Ies Otero Pedrayo un dos Institutos Históricos que participa a exposición temporal: Homo sapiens, transmisor de coñecemento.
Resultou moi satisfactorio para nós poder contar co alumnado dun destes centros que nos cederon ás maravillosas pezas grazas as que puidemos realizar a exposición.
Agardamos que a visita fora do seu agrado e que volten en máis ocasións
Visita de intercambioso CEIP López Ferreiro con alumado portugués.
Visita de intercambioso CEIP López Ferreiro con alumado portugués.
(16/05/2019 | 14:05)
O pasado mércores recibimos unha visita especial, que parte dunha iniciativa de intercambio cultural entre o CEIP López Ferreiro e alumnado portugués.
A visita resultou de gran interese con respecto ao alumnado, especialmente para os procedentes da outra beira do Miño, xa que nos permitiu aprender máis con respecto as semellanzas e diferencias da educación de ámbolos dous países veciños.
Agardamos repetir experiencia en anos vindeiros.