Grupo do AXF Ferrolterra.
(14/09/2018 | 09:46)
Onte recibimos a visita da AXF Ferrolterra.
On encantador grupo percorreu as tres plantas do noso museo acompañado da nosa guía e dunha interprete de lingua de signos, que fixo moi doada a visita.
Foi unha visita moi agradable e enriquecedora para nós. Agardamos que igualmente fose do agrado do grupo e volten en máis ocasións.
Curso de monitor de comedor escolar e actividades infantís.
(11/09/2018 | 09:54)
O martes 4 de setembro contamos coa visita dun grupo de mulleres do Curso de monitor de comedor escolar e actividades infantís.
O grupo percorreu o museo na súa totalidade, mostrando gran interese polo que se contaba. Agardamos que a visita fora do seu agrado e desexamos que volten novamente.
Aproveitamos para animar a todos e todas a vir ao Museo Pedagóxico de Galicia para coñecer a riqueza do patrimonio educativo da nosa terra.
Programa de Rehabilitación Integral de Centros Educativos.
(30/07/2018 | 09:51)
O pasado venres 27 tivo lugar no Mupega un acto de presentación do Programa de Rehabilitación Integral de Centros Educativos, presidido polo Secretario técnico da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria Jesús Oitavén.
Visita do Campamento de Verán do C.C de Fontiñas
(27/07/2018 | 14:27)
Hoxe viñeron de visita ao Mupega un grupo de rapaces e rapazas do C.C de Fontiñas.
O encantador grupo, estivo moi atento as explicacións das guías e divertiuse xogando, facendo un crebacabezas e recreando unha aula antiga.
Foi moi agradable telos con nós. Agardamos que volten en máis ocasións
Campamento Arelio Aguirre, verán 2018
(26/07/2018 | 12:44)
O pasado martes, viñeron de visita ao Mupega os nenos e nenas do Campamento Aurelio Aguirre de Conxo.
O grupo percorreu de xeito moi atento e participativo as instalacións do noso museo, e disfrutaron do obradoiro e dos xoguetes antigos.
Resultou unha visita moi interesante e dinámica. Agardamos que decidan visitarnos en máis ocasións.
Campamento de verán do c.c. Santa Marta.
Campamento de verán do c.c. Santa Marta.
(16/07/2018 | 09:03)
O pasado xoves viñeron visitarnos ao Mupega un grupo de nenos e nenas do Centro Cultural Santa Marta cos seus monitores e monitoras.
O grupo divertiuse visitando e xogando no noso museo, especialmente cos xoguetes de antes e simulando unha clase de varias décadas atrás.
Foi unha gran experiencia e agardamos que volten en máis ocasións
Divertíndose no obradoiro.
Alumnos e monitores da asociación BATA.
(11/07/2018 | 12:23)
Onte recibimos a visita dos nenos e nenas da asociación BATA de Santiago.
Visitamos algunha das zonas máis interesantes do Museo e divertíronse xogando a profes e alumnos de outrora.
Foi unha experiencia moi enriquecedora. Agardamos que volten visitarnos en máis ocasións.
Presentámonos enmarañados.
Construíndo entre todos un xogo do aro.
Xogando aos aros.
Obradoiro de escritura en tinta.
Carreiras de sacos moi disputadas.
Libretiñas de notas escritas con pluma e tinta.
Xogando a "O pano"
Coñecendo a exposición "O mundo nas mans" xogando as pistas.
(11/07/2018 | 12:09)
Un ano máis o Mupega organizou os "Obradoiros de Verán" na primeira semana de xullo para nenos e nenas de 6 a 11 anos
Como anos anteriores resultou unha experiencia moi enriquecedora e divertida.
Tres días de xogos, aprendizaxe e actividades creativas moi intensos.