(22/02/2018 | 15:26)
O martes, 20 de febreiro, visitáronnos os estudantes de 7º ano do centro Externato Infante D. Henrique, de Braga.
Os rapaces e rapazas estudan castelán, polo que non tiveron ningún problema no seguemento das explicacións das guías do museo.
Esperamos que a visita fora do seu agrado e agardamos velos noutra ocasión.
(16/02/2018 | 15:55)
Hoxe visitou o Mupega o alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO do CPR Nosa Señora do Rosario, de Arzúa.
Os estudantes percorreron o museo acompañados polo persoal e, por suposto, entraron no noso obradoiro, no que está recreada unha aula antiga.
Agardamos que volten novamente.
(08/02/2018 | 16:18)
Hoxe visitounos un grupo moi numeroso de estudantes de 3º e 4º de ESO do CPR Santiago Apóstol, de Soutomaior.
Os rapaces e rapazas fixeron o percorrido por todas as salas do museo e, aínda que eran moitos, tamén entraron no noso obradoiro, que recrea unha aula do pasado.
Agardamos velos noutra ocasión.
(08/02/2018 | 09:09)
As catro clases de 2º de ESO do IES Rego de Trabe viñeron ao Mupega entre o martes 6 e o mércores 7 de febreiro.
Os alumnos e alumnas visitaron todas as plantas do museo acompañados polo persoal. Os estudantes estiveron moi atentos e participativos ao longo da visita.
Desexamos que a visita fora do seu agrado e esperamos que volten noutra ocasión.
(05/02/2018 | 13:55)
O venres pasado viñeron de visita ao Mupega un divertido grupo de rapaciños e rapaciñas de 4º, 5º e 6º de Infantil procedentes de varias escoliñas rurais de Negreira.
Os cativos pasáronno moi ben xogando no Mupega e aprendendo moitas cousas da escola dos seus antepasados.
Foi unha visita fantástica cun grupo de pequenos encantador. Agardamos que non tarden en visitarnos de novo.
(27/01/2018 | 18:03)
Na tarde de onte veu coñecer o Mupega o alumnado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Rosalía de Castro.
O grupo fixo o percorrido por todo o museo, prestando unha atención particular ás actividades que dende o Mupega facemos cos rapaces dos centros educativos que nos visitan, e tamén ás que organizamos para o público do entorno máis próximo.
Para nós foi unha visita moi agradable e esperamos que tamén o fora para eles. Agardamos velos noutra ocasión.
(27/01/2018 | 17:48)
Onte visitounos un colexio ao completo, veu todo o alumnado de Infantil a Primaria.
Debido ao amplo abanico de idades, os máis pequeniños percorreron o museo cunha das guías, e o alumnado de 3º en adiante fixeron a visita acompañados de otra guía.
Resultou unha visita moi entrañable xa que era perceptible a estreita relación entre todos os rapaces/as. Desexamos que desfrutaran da visita tanto coma nós e que volten noutra ocasión.
(24/01/2018 | 20:02)
Esta tarde veu a coñecer o museo un numeroso grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO do CPI A Xunqueira.
O grupo fixo un percorrido polas principales salas do museo acompañado polo persoal do mesmo.
Desexamos que a visita fora do seu agrado.