CEIP Manuel Padin (Arcade). 5º curso
(27/11/2013 | 20:37)
Un divertido e participativo grupo de alumnos e alumnas do colexio de primaria de Arcade, concretamente do nivel 5º, estivo connosco esta mañanciña percorrendo os diferentes recantos do noso museo para ir descubrindo a través de diferentes actividades didáctias os segredos da escola antiga. Noraboa polo seu comportamento e agardamos volver a velos de novo entre nós.
2º EP de CEIP Ventín
(27/11/2013 | 20:33)
Un simpático grupo de nenos e nenas do colexio de primaria da veciño Milladoiro pasou parte da mañá nas instalacións do MUPEGA coñecendo de preto a escola e os xogos dos seus avós e avoas. Ata sempre!
CEIP Virxe da Barca  (Muxía)
(23/11/2013 | 18:30)
Un entusiasta grupo de nenas e nenos do centro muxián visitou as nosas instalacións e participou nas actividade para eles deseñadas. Aquí aparece posando moi contentos despois de pasar unha mañá diferente no noso museo.
3º de E.P. do CEIP Ventín
(23/11/2013 | 18:27)
Un simpático grupo de nenos e nenas do centro de Ed. Primaria de Milladoiro, visitou coas súas profesoras o noso museo e disfrutou das actividadas didácticas que para estes niveis ten programado o equipo do museo.
CIFP Compostela. Ciclo de Educación Infantil
(20/11/2013 | 10:06)
Estudantes do ciclo de Educación Infantil do centro compostelán visitaron na tarde de onte,19 de novembro, as dependencias do noso museo, para descubrir e coñecer de primeira man os recursos didácticos que arredor do mundo educativo agocha o MUPEGA.
Ciclo de Animación Sociocultural IES Pontepedriña
(18/11/2013 | 15:32)
Un amplo grupo de estudantes deste ciclo de FP visitou na tarde do venres as instalacións do MUPEGA para coñecer de primeira man as pegadas da historia da educación en Galicia, magnificamente representadas nos enseres escolares alí expostos. Aquí posan co seu profesor no vestíbulo do museo.
CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña ( Infantil e Primaria)
(14/11/2013 | 11:32)
Agradable e divertida mañá a de onte, día 13 de novembro, tivemos no MUPEGA coa ilusión, alegría e simpatía do alumnado máis miúdo do centro xallés. Nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria encheron as estancias do MUPEGA de alegría e cor e deixaronos encantados co seu excelente comportamento e extraordinaria receptividade. Agardamos que eles e o seu profesorado tamén leven a mesma impresión e que repitan a súa visita.
Alumnado do Grao de E.Primaria (USC)
Alumnado do Grao de E. Infantil (USC)
Alumnado do Grao de E.Infantil (USC)
(14/11/2013 | 11:23)
Tres grupos de estudantes da Facultade de CC.EE. da USC pertencentes aos Graos de Ed. Infantil e Ed. Primaria coa súa profesora Adelina Guisande ao fronte visitaron o pasado martes e mércores do presente mes de novembro as instalacións do noso museo para descubrir en senllas visitas guiadas a historia da educación en Galicia, pero fundamentalmente para centrarse nos recursos e núcleos museográficos que o MUPEGA presenta centrados no tema do xogo e o xoguete tradicional e popular, por ser temática que están traballando na súa asignatura "Xogo infantil". Esperamos que fose do seu agrado e aproveitamento as visitas e desexamos volver a velos e velas por aquí, ben como estudantes que seguen formandose, ben como futuros docentes co seu alumnado.