Alumnado do IES F. Asorey de Cambados
(20/11/2012 | 14:23)
Un animado grupo de alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Telecomunicacións do instituto cambadés visitou esta mañá as dependencias do noso museo, amosando un manifesto interese polos avatares da historia da educación en Galicia, nomeadamente polas súas singularidades expresadas nas aulas de indianos e de ferrado. A actual exposición temporal tamén foi outro dos puntos de expectación para os estudantes de Cambados. Estiveron acompañados e coordinados pola profesora de FOL do centro.
 Rapaces e rapazas de ASPANAES traballando no obradoiro MUPEGA
(14/11/2012 | 18:03)
Un animado grupo de usuarios coas súas coidadoras acudiron na mañá do día 13 a visitar o noso museo. O colectivo divertiuse xogando e manipulando aveños propios da escola doutro tempo, ademais de facer diversas actividades manuais na aula obradoiro con que conta o noso centro. Noraboa a todos e todas polo voso comportamento e esforzo por vir ata aquí. Esperamos volver a contar axiña coa vosa natural alegría.
Alumnos e alumnas de 5º e 6º  do Sagrado Corazón de Ferrol
(09/11/2012 | 19:53)
Arredor dun cento de estudantes de 5º e 6º de EP do centro ferrolán visitaron na mañá do venres 9 de novembro as distintas dependencias do Mupega, descubrindo de forma moi interactiva o pasado escolar dos seus maiores a través do contacto e das explicacións recibidas no percorrido polas salas expositivas do museo compostelán. Comportamento exquisito, atención interesada e participación foron as características deste nutrido grupo de escolares ferroláns, que confiamos volver a velos por este centro noutra ocasión.
Alumnado de 5º  de Primaria do CEIP Virxe do Carme de Burela
(08/11/2012 | 19:29)
O alumnado do nivel 5ºde Primaria xunto coas súas titoras pasaron unha tarde divertida e entretida visitando as distintas salas do MUPEGA. Aquí posan felices na denominada "curva dos xoguetes" durante o seu percorrido guiado. Agardamos que estes xoves usuarios do noso centro leven unha boa imaxe do mesmo e desexen volver cando os seus coñecementos e formación lle axuden a comprender mellor a historia da escola en Galicia.
Alumnado de 4º de ESO do CPI de Boqueixon
(07/11/2012 | 16:14)
Unha trintena de rapazas e rapaces de 4º da ESO visitou na mañá do día 6 de novembro as instalacións do MUPEGA. Aquí aparecen escoitando as explicacións que sobre o patrimonio escolar lles fai un educador do centro. A visita resultou satisfactoria e polo pouco tempo dispoñible que tiñan manifestaron o seu desexo de repetir a experiencia.
Inauguración oficial das Xornadas de Formación
Grupo de participantes nas Xornadas
(31/10/2012 | 20:10)
O Secretario Xeral Técnico D. Jesús Oitavén Barcala inaugurou unhas xornadas formativas celebradas no MUPEGA baixo o título de: " A conservación do patrimonio educativo documental", dirixido pola asesora do MUPEGA, especialista nesta temática, Dª Beatriz Seco González quen contou coa colaboración da profesora da Escola de Restauración de Pontevedra, Dª Susana Ara. A actividade, homologada polo CAFI, estaba pensada para o profesorado responsable do patrimonio educativo nos centros da REDE MUPEGA, pero tamén houbo outros participantes. Contidos teóricos, pautas de tratamento, almacenaxe e conservación foron algúns dos aspectos que se foron tratando ao longo de dous intensos días de traballo. O MUPEGA contribúe así á unha mellor capacitación daquel profesorado que de forma altruísta e entusiasta se convirte en albacea do rico legado educativo dos nosos centros.
Grupo de estudantes do IES Rosalía de Castro de Compos
(26/10/2012 | 17:14)
Na tarde deste xoves 25 un reducido grupo de estudantes do instituto compostelán visitou as instalacións do noso museo descubrindo as pegadas educativas presentes ao longo das tres plantas expositivas do noso centro. Aquí aparecen posando satisfeitos no vestíbulo do centro despois de rematada a súa visita. Confiamos en volver a velos máis cedo que tarde outra vez polo MUPEGA a eles e outros colegas do histórico centro compostelán.
A Asociación Sarela de Compostela visita ao MUPEGA
(24/10/2012 | 13:10)
Un grupo de residentes e usuarios da Asociación Sarela de Santiago de Compostela visitou esta mañá o museo lembrando con emoción aqueles anos da infancia esquecida. A asociación de dano cerebral Sarela vén realizando todos os anos unha visita sempre agradable e emotiva cos seus usuarios ás nosas instalacións, onde pasan unha hora cargada de sentimentos emotivos que os sitúan, de novo, aqueles felices anos da nenez.