CEIP de Xuño (Porto do Son)
(31/05/2013 | 09:22)
Un divertido grupo de nenos e nenas de 3º e 4º de EP do colexio de Xuño pasaron polo noso museo para coñecer de preto a escola dos avós, a través dos diferentes xogos e propostas didácticas. Aqui aparacen fotografados na entrada do museo coa nova imaxe decorativa da fachada ao fondo.
Mesa do acto de presentación do libro "Tastarabás"
(30/05/2013 | 09:53)
Onte ás 19:00h nun entrañable acto presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüísita, D. Valentín García e coa presenza do autor da monumental enciclopedia de enredos e brinquedos tradicionais, o profesor e escritor ferrolán Antón Cortizas, ademáis do director da editorial Xerais, D.Manuel Bragado, tivo lugar a presentación desta fermosa obra, froito de dez anos de traballo. Obra de máis de mil páxinas, cun extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles. O MUPEGA, que dende o seu momento auroral, vén apostando pola recuperación e posta en valor de este patrimonio lúdico organizou este acto dentro da programación específica con motivo do Día Internacional dos Museos.
CEIP de Merza (Vila de Cruces)
(29/05/2013 | 12:23)
O alumnado ao completo do colexio do Merza (Vila de Cruces) pasou na mañá do martes polo noso centro para coñecer de preto como foi cambiando a escola ata chegar ós tempos actuais, como se pasou da pizarra dos seus avós á Ipad que eles manexan con total soltura na súa moderna escola.
CEIP Pedro Caselles (Tomiño)
(28/05/2013 | 10:20)
Alumnado de 6º curso de Primaria do colexio tomiñés pasaron polo noso museo na tarde deste venres 24 de maio. Percorreron as distintas salas, realizaron varias actividades didácticas e observaron con curiosidade a exposición temporal "Luces de Alén Mar" descubrindo as pegadas dos indianos que pola súa terra tamén deixaron fermosas obras educativas.
Tastarabás de Antón Cortizas
(24/05/2013 | 19:58)
O próximo MERCORES 29 ás 19:00h, no salón de actos do MUPEGA, o profesor e escritor ferrolán Antón Cortizas presentará a súa enciclopedia sobre os xogos tradicionais magnificamente editada por Xerais que ten ese título tan suxerente e musical como é "Tastarabás". O MUPEGA integrou esta actividade dentro da súa programación especial con motivo do Día Internacional dos Museos celebrado o pasado 18 de maio. O Museo Pedagóxico de Galicia mantén dende o seu momento auroral un firme compromiso coa recuperación e posta en valor do xogo e xoguete tradicional galego, polo que entendíamos que este lugar era moi acaído para que o noso amigo e colaborador explicara aos asistentes que se queiran achegar as vicisitudes da súa gran obra.
Residencia Los Magnolios de Culleredo
(24/05/2013 | 19:41)
Aquí vemos ao simpático grupo de residentes lembrando aquelas vellas fotografías que se facían nas escolas ás que eles e elas teñen asistido. A xornada resultou entretida, diferente e sobre todo emocionante ao ver de novo os vestixios dos enredos e da escola da súa nenez.
IES Porta da Auga (Ponteareas)
(24/05/2013 | 19:40)
Un selecto e reducido número de estudantes do último curso de Bacharelato do centro pontevedrés pasou a mañá do xoves nas instalacións do noso museo interesandose pola historia da educación en Galicia. Aquí posan diante do cartel anunciador da exposición temporal "Luces de Alén Mar...", despois de ter percorrido demoradamente os distintos paneis explicativos da mesma.
CEE Manuel López Navalón
(24/05/2013 | 19:33)
Un ano máis un grupo de estudantes do centro compostelán achegoranse polo noso museo para pasar unha mañá diferente compartindo xogos, actividades didácticas variadas que lles achegaron á escola do pasado. Aqui posan diante da reprodución do cadro da "escola de Doloriñas" e do puzzle que compuxeron arredor do seu contido.