Portada do libro de poesía en galego "Brétemas Maríñas".
Peza destacada na entrada do museo.
(05/04/2019 | 15:02)
Esta semana presentamos no museo unha nova peza destacada de gran interese.
Trátase de "Brétemas Mariñás" de Celestino Luis Crespo y Crespo, o primeiro libro de poesía en galego despois da Guerra Civil.
A publicación desta obra en 1946 resulta especialmente relevante tendo en conta o contexto político-social da época.
Pintacontacontos.
(03/04/2019 | 18:44)
O venres pasado disfrutamos do noso obradoiro do mes de marzo rodeados de rapaces e rapazas.
Nesta ocasión contamos co dúo Polo correo do vento que nos contaron e debuxaron a vida dunha fantástica oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.
Pasamos unha tarde moi entretida. Deixámosvos un pequeno vídeo de recordo.
A Mestra da Espiñeira Mª do Carme Iravedra Otero.
(01/04/2019 | 14:59)
Rematamos a nosa sentida homenaxe ás mestras galegas compartindo con vós a entrevista coa entrañable mestra Mª do Carme Iravedra. Una intelixente muller cunha vida longa dedicada a súa paixón: o ensino.
Seguiremos a compartir máis entrevistas a educadores galegos a través da nosa canle de Youtube.
Alumnado salmantino de 1º da ESO na porta do Mupega
(01/04/2019 | 11:09)
O venres pasado recibimos unha segunda visita de intercambio co IES Xelmírez tamén procedentes de Salamanca, neste caso de 1º da ESO.
Os rapaces e rapazas percorreron o museo acompañados dos guías e coñeceron como foron evolucionando as escolas en Galica ao longo do tempo.
Agardamos que quedaran satisfeitos e repitan a experiencia.
Alumnado de 3º e 4º de Primaria de Castroverde
(01/04/2019 | 11:04)
Este venres recibimos a visita do alumnado de 3º e 4º de primaria do CPI de Castroverde.
O pequeno grupo percorreu parte do museo en compañía dos guías e puido descubrir como eran as aulas do noso pasado e os materiais didácticos empregados nelas.
Agardamos que gozaran da visita e que repitan e máis ocasións.
Grupo de mulleres procedente da Fundación Secretariado Xitano de Santiago
(01/04/2019 | 10:52)
O pasado venres veu de visita ao Mupega un pequeno grupo de mulleres que participan no Programa pola Igualdade das mulleres xitanas.
O grupo percorreou o museo acompañado polas guías descubrindo como eran as aulas e os obxectos que empregaban nelas os nosos antepasados.
Agardamos que a visita resultase do seu agrado e que volvan noutra ocasión.
Rapaces e rapazas nunha aula antiga
(01/04/2019 | 10:47)
O xoves pasado visitáronnos os alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI San Sadurniño.
O grupo acompañado de varios guías, percorreou todo o museo para descubrir como eran as escolas dos seus avós e bisavós, ademáis de coñecer varios dos obxectos didácticos curiosos que garda o noso museo.
Agradamos que a visita lles resultase interesante e que volten máis veces.
Volvendo ao pasado da educación
(01/04/2019 | 10:35)
O xoves visitounos un pequeno grupo de adultos da Cruz Vermella de Santiago
Percorreron todas as dependencias do museo facendo fincapé nas aulas históricas e nos recursos didácticos do pasado.
Resultou unha visita do máis agradable. Agardamos que gozaran da experiencia e que volten en máis ocasións.