A Escola Francesa de Porto (Portugal) visita o MUPEGA
(06/06/2012 | 15:51)
Unha ampla representación do centro francés ubicado na cidade de Oporto cursou unha visita cultural a Galicia detendonse no noso museo na mañá do martes 5 de maio, disfrutando dos xogos populares no patio de recreo e percorrendo os distintos espazos museográficos do MUPEGA.
O CEIP Nantes de Sanxenxo por primeira vez no MUPEGA
(01/06/2012 | 19:05)
Cun divertido grupo de nenos e nenas comezamos o mes de xuño. Nunha visita programada o alumnado dos primeiros cursos do colexio de Nantes pasou unha mañá diferente no noso museo. Ludoteca, patio de recreo, obradoiro da escola dos avós, foron algúns dos lugares visitados. Aquí aparecen felices e contentos diante do cadro da Escola de Doloriñas.
O centro pluriligüe Vista Alegre de Burela no MUPEGA
O grupo de 6º de EP diante da aula de indianos
(01/06/2012 | 18:40)
O colexio da Mariña lucense acudiu co seus colegas belgas do centro GBS Bosmier (Balen-Bélxica) a coñecer de preto as nosas actividades e exposicións. Aquí aparecen pouco antes de visitar a nova exposición temporal de láminas educativas.
O CEIP As Nogais no patio de recreo do MUPEGA
(01/06/2012 | 18:13)
No último día de maio e despois de visitar as instalacións de TVG un simpático grupo de estudantes do colexio de educación primaria da localidade da montaña lucense visitou o noso museo disfrutando dunha amena sesión de xogos populares no noso patio interior.
O MUPEGA acolle unha xornada de formación do profesorado organizada polo CAFI.
(30/05/2012 | 10:37)
O curso de formación do profesorado "A dimensión pedagóxica dos museos", organizado polo CAFI desenvolveu unha das súas sesións presenciais nas dependencias do noso museo. Alí, o asesor do centro, Antonio Cepeda presentou unha interesante ponencia titulada:" O Mupega, unha viaxe á escola dos avós" que complementou cunha didáctica visita guiada ao museo.
O CEIP O Areal de Camariñas no MUPEGA
(30/05/2012 | 10:32)
Un simpático grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do colexio camariñán visitou por primeira vez as instalacións do noso museo. O centro educativo que vén de recibir un premio pola súa promoción ao deporte en idade escolar, mostrou ao longo da visita un espiritu deportivo, animado e participativo. Parabéns ao alumnado e profesorado desta fermosa vila mariñeira.
O IES Xohán Carballeira de Bueu no MUPEGA
(24/05/2012 | 08:52)
Arredor de 55 rapaces e rapazas de 1º de ESO do instituto Xohán Carballeira de Bueu pasaron a mañá do martes 23 de maio no noso centro descubrindo a historia da escola galega. Tamién tiveron oportunidade de disfrutar da nova exposición temporal dedicada ás láminas educativas.
Alumnado de 2º de ESO do IES Eduardo Pondal de Compostela.
(16/05/2012 | 17:45)
Alumnos e alumnas do 2º curso de ESO do instituto compostelán acompañados das súas profesoras visitaron esta mañá o noso museo, percorrendo demoradamente as distintas salas expositivas para rematar facendose esta fermosa instantánea na porta do museo.