CPI Virxe da Saleta de Cea (Ourense)
(21/03/2013 | 23:50)
Nunha xornada marcada pola adversa meteoroloxía un animado grupo de alumnos e alumnas do colexio da localidade ourensá famosa polo seu pan.Aquí aparecen posando no vestíbulo do museo moi contentos de ter descuberto as pegadas da historia da escola en Galicia.
Alumnado do Ciclo Superior de E.Infantil do IES Chapela
(21/03/2013 | 23:41)
Aquí vemos posando diante do cartel anunciador da exposición temporal sobre as escolas de americanos en Galicia, comisariada polo profesor da USC D. Vicente Peña Saavedra un novo grupo escolar. Neste caso trátase dun grupo de estudantes do ciclo superior de Educación Infantil do instituto Chapela.
Alumnado de 5º e 6º do CEIP Canosa-Runs no MUPEGA
(18/03/2013 | 00:54)
Estudantes de 5º e 6º de Primaria deste centro educativo posan contentos co seu agasallo na portada do museo, despois de ter visitado todas as salas expositivas e coñecido polo miúdo un pouco máis a educación de Galicia no tempo dos seus avós. Agardamos volver a velos de novo polo noso museo para seguir descubrindo aspectos da historia da nosa escola.
CEIP Ponte Carreira
(18/03/2013 | 00:48)
Como podemos observar na fotografía pasaron unha mañá divertida. desfrutando das actividades didácticas propostas polos educadores do museo arredor da escola antiga, da ensinanza que tiveron os seus maiores. Aquí aparecen na aula-obradoiro escoitando atentamente as indicacións da actividade. Esperamos que outros grupos do centro educativo do concello de Frades pase tamén polas nosas instalacións.
1º ESO do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela
(13/03/2013 | 12:08)
Un grupo de 1º de ESO do instituto compostelán pasou onte pola tarde polo noso museo para ver expresamente a exposición temporal: "Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia", instalada no primeiro andar do noso centro. Manifestaron un notable interese polo labor encomiable dos nosos emigrantes no eido da educación e prometeron volver para completar o descubrimento do resto da exposición permanente do museo.
Facultade de CC,EE, USC
Facultade de CC,EE, USC
(07/03/2013 | 19:20)
Dous grupos numerosos de estudantes da facultade compostelá acompañados da súa profesora Mª Ainoa Zabalza percorreron e analizaron detidamente cada recanto do noso museo, deténdose especialmente na exposición temporal "Luces de Alen Mar...", onde obtivemos estas simpáticas imaxes.
IES Ames. 1º de Bac.
(07/03/2013 | 18:17)
Unha corenta larga de estudantes do instituto de Ames visitaron o noso museo e percorreron demoradamente a nova exposición temporal centrada nas escolas de americanos en Galicia e rotulada: "Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia". Aquí posan animadamente diante do cartel anunciador da mesma e despois de descubrir cos seus propios ollos o inxente labor dos nosos emigrantes no eido da educación.
CPR San Jorge de Santiago de Compostela no MUPEGA
(05/03/2013 | 14:26)
Un numeroso e simpático grupo de nenos e nenas dos primeiros cursos de Primaria do centro compostelán pasearon a súa alegría polos distintos espazos do museo e participaron activamente das actividades didácticas planificadas en torno ao cadro da "Escola de Doloriñas" e o mundo dos xoguetes.