C.Nosa Sª do Carmo de Fisterra no MUPEGA
(14/02/2014 | 18:58)
Unha ampla representación do alumnado do centro fisterrán pertencente ós cursos 5º e 6º de EP pasou a mañá deste día de San Valentín nas dependencias do noso museo, disfrutando das diferentes actividades didácticas deseñadas para amosar ós máis pequenos o pasado da escola en Galicia.
Participantes en el Máster de Ciencias da familia (USC)
(14/02/2014 | 18:42)
Un nutrido grupo de participantes de esta nova edición do máster que dirixe o profesor Agustín Dosil da USC, visitaron na tarde do xoves 13 de febreiro o noso museo, percorrendo e descubrindo os pasos que ó longo da historia foi dando a educación en Galicia. Aquí posan satisfeitos na zona destinada á educación secundaria este colectivo multicultural que ano tras ano nos sorprende ooa súa visita.
Educación Infantil da EEI Pastora de Cambados
(14/02/2014 | 18:37)
Na mañá do mércores 12 de febreiro un simpático grupo de nenos e nenas de educación infantil do centro cambadés pasaron a mañá do mércores 12 de febreiro no noso museo, disfrutando das actividades lúdicas que lles foron propostas polos educadores do mesmo.
Alumnas do ciclo superior de Ed. Infantil  do centro Fesán no MUPEGA
(14/02/2014 | 18:33)
Neste caso trátase das alumnas do ciclo superior de Educación Infantil do centro compostelán as que aquí aparecen manifestamente contentas despois de ter percorrido todos os recunchos do noso museo e poder ver e escoitar como foi evolucionando a educación na nosa terra.
CPI A Xunqueira (Fene). Alumnado de 3º de ESO
(12/02/2014 | 13:38)
Estudantes do centro de 3º de ESO do centro fenés visitaron na mañá do martes 11 o Museo Pedagóxica de Galicia. Aquí vemos ó grupo posando na planta baixa do museo, despois de ter percorrido as diferentes salas expositivas do noso centro e ir descubrindo as diferentes pasaxes da historia da educación en Galicia
3º e 4º de ESO da Milagrosa de Oleiros (Ribeira)
(11/02/2014 | 20:24)
Un nutrido e simpático grupo de estudantes do centro ribeirense, coas sús profes Sara e Lilí, pasaron a tarde deste martes 11 de febreiro nas nosas instalacións, descubrindo e desfrutando con cada un dos segredos que esconden os obxectos nel expostos . Aquí aparecen sorrintes no espazo da aula de EXB, exposición temporal que preside a primeira planta do noso museo e que permanecerá aberta ata o 30 de abril.
Alumnado do Conservatorio Municipal de Meaño
(10/02/2014 | 13:27)
Un numeroso grupo de nenos e nenas do conservatorio municipal de música de Meaño visitaron as instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia, desfrutando das actividades didácticas alí propostas e que lles axudaron a coñecer máis de preto como foi a infancia e a escola dos seus maiores.
Ciclo Animación Sociocultural de FESAN
(05/02/2014 | 19:24)
Un reducido grupo de estudantes do centro compostelán, futuros animadores socioculturais, achegaronse na mañá de hoxe ó MUPEGA para descubrir os recursos e as actividades que o noso centro desenvolve e que lles poideran ser da súa utilidade futura. Animados e divertidos xogaron coas buxainas e zoadeiras e, desfrutaron coas aulas históricas polas que pasaron os seus avós e pais. Aquí posan, coa súa profesora Verónica,contentos na sala de exposicións temporais despois de descubrir os segredos das aulas de EXB nas que estudaron os seus pais e as súas nais.