CPR San Jorge de Santiago de Compostela no MUPEGA
(05/03/2013 | 14:26)
Un numeroso e simpático grupo de nenos e nenas dos primeiros cursos de Primaria do centro compostelán pasearon a súa alegría polos distintos espazos do museo e participaron activamente das actividades didácticas planificadas en torno ao cadro da "Escola de Doloriñas" e o mundo dos xoguetes.
A exposición itinerante "Pedagoxía intuítiva...",  no Lucus Augusti
(05/03/2013 | 14:16)
A mostra organizada polo MUPEGA e os institutos históricos da REDE MUPEGA chega a Lugo na súa primeira escala da súa itineracia polos centros de secundaria que a soliciten. Consta de 16 láminas dos antigos Gabinetes de Historia Natural cos seus correspondentes carteis explicativos. Permanecerá no salón de actos do centro lugués ata fin do presente mes.
CEIP Castro de Ouro de Foz
(05/03/2013 | 14:05)
Un animado grupo de escolares do centro da Mariña lucense achegouse polo noso centro na tarde do venres primeiro de marzo. Os estudantes de 3º e 4º de EP manifestaron un enorme interese nas recreacións das aulas dos seus antepasados e desfrutaron co xogo didáctico planeado arredor do cadro da "Escola de Doloriñas".
IES Fontexería de Muros no MUPEGA
(05/03/2013 | 13:42)
Un grupo de estudantes do instituto muradán visitou as dependencias do noso museo percorrendo os diferentes espazos museográficos, deténdose con especial atención na exposición temporal "Luces de Alén Mar.As escolas de americanos en Galicia" presente na primeira planta do centro e que permanecerá visitable ata finais de xuño.
Alumnado do colexio Obradoiro gravando o seu video.
(01/03/2013 | 00:29)
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do centro privado coruñés visitou o noso museo e ademais aproveitou a nosa aula-obradoiro como escenario para a gravación dun corto audiovisual co que pensan presentarse a un concurso que convoca a Fundación Barrié.
2ºEP Colexio Peleteiro
2ºEP Colexio Peleteiro
(27/02/2013 | 19:53)
Como vén sendo habitual dende o ano 2007, un animado,atento e simpático grupo de nenas e nenos de segundo curso bilingüe de Primaria do colexio Peleteiro visitou as nosas instalacións e disfrutou coas actividades didácticas que lle foron propostas. Os educadores do museo foron explicandolles as últimas novidades tanto da exposición permanente como da temporal dedicada ás escolas dos americanos en Galicia. Aquí posan satisfeitos no vestíbulo do museo cos seus profesores Mabel e José Luís.
Alumnado do Ciclo Superior de EI do CIFP Porta da Auga
(21/02/2013 | 11:43)
Alumnos e alumnas do ciclo superior de Educación Infantil do CIFP Porta da Auga de Ribadeo visitou o noso museo percorrendo e analizando con detalle os distintos aspectos que nel se recollen sobre a educación en Galicia. Significativa foi a visita demorada que fixeron á exposición temporal sobre o labor dos emigrantes galegos de alén mar, por encontrar nela moitas referencias a súa comarca.
A asociación ATP de Compostela no MUPEGA
(21/02/2013 | 11:10)
Un reducido pero animado grupo de usuarios da Asociación de Trastornos da Personalidade de Galicia, entidade non lucrativa de ámbito autonómico adicada á asistencia e investigación dos Trastornos da Personalidade (TP, creado ano 2005 en Santiago de Compostela, visitaron as instalacións do museo desfrutando coa viaxe metafórica ás súas infancias.