IES Mugardos no MUPEGA
(16/01/2013 | 20:07)
Un simpático grupo de estudantes de 1º de ESO do instituto mugardés visitaron as instalacións do noso centro, percorrendo detidamente as diferentes salas expositivas. De particular agrado pola súa parte foi recoñecer algunhas pezas sobranceiras instaladas no noso museo de procedencia daquelas terras de Ferrolterra, coma a imponente máquina de cine doada pola escola habaneira da súa vila; a Unión Mugardesa.
Alumnado do C.F.I.P Compostela
(08/01/2013 | 12:12)
Outro grupo numeroso de estudantes do ciclo superior de Educación Infantil do centro integrado de FP Compostela visitou as instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia. A visita forma parte do seu completo programa de actividades complementarias deseñadas para unha mellor formación docente destes futuros ensinantes.
Alumnado de 3º de EP do CEIP Ventín.
(13/12/2012 | 15:06)
Aquí vemos outro simpático grupo de nenos e nenas de 3º de EP do colexio de Ventín posando no vestíbulo do museo despois de ter percorrido todas as súas dependencias e descubrir cos seus ollos as particularidades da escola dos seus maiores. Coa axuda de Bea, Sara e Danisa realizaron varias actividades didácticas. Ata sempre!
Alumnado do IES Chapela
(12/12/2012 | 17:01)
Un grupo de estudantes do ciclo superior de Educación Infantil do IES Chapela visitou as instalacións do museo e percorreu visualmente e mentalmente os camiños percorridos pola educación en Galicia ao longo da historia.
Ciclo de Ed. Infantil do C.I.F.P Compostela
(11/12/2012 | 13:54)
Un novo grupo de estudantes do centro compostelán do ciclo superior de Educación Infantil visitou as dependencias do Mupega para coñecer de preto as diferentes etapas da evolución da escola en Galicia, así como as vicisitudes daquel mundo infantil a través do universo do xogo e do xoguete.
CEIP Ventín
(11/12/2012 | 13:48)
Acompañados polas súas mestras Alicia, Mercedes e Lourdes, uns 40 nenos e nenas de Ventín percorreron as diferentes salas do museo, descubrindo aspectos e curiosidades da vida escolar e infantil dos seus antepasados. Aquí aparecen posando diante da porta principal do museo, unha vez realizada a súa visita. Ata sempre amigos e amigas!
Alumnado de 6º de EP do colexio da Compañia de Maria de Cangas.
(11/12/2012 | 13:43)
Un grupo ameno e participativo do centro cangués visitou as instalacións do Mupega para descubrir como foi a escola de antano. A través dunha visita guiada e de varias actividades didácticas complementarias as nenas e nenos do Morrazo levaron unha idea da vida escolar e da infancia dos seus maiores.
Grupo de estudantes do CIFP Compostela
(05/12/2012 | 10:23)
Un primeiro grupo de alumnas e alumnos do Ciclo Formativo de Educación Infantil do C.I.F.P.Compostela visitou na tarde de onte a exposición permanente e temporal do MUPEGA, para coñecer de preto a evolución histórica da escola en Galicia como futuros profesionais deste campo profesional.