Maxisterio de Zamora no Mupega
(30/11/2012 | 11:11)
Un numeroso grupo de alumnas e alumnos das especialidades de Educación Infantil e Primaria da antiga escola de Maxisterio de Zamora, visitaron detidamente as diferentes salas do MUPEGA, co seu profesor D.Bienvenido Martín Fraile ao fronte. Aqui posan no vestíbulo do centro con expresións de satisfacción e expectantes por descubrir os segredos que esconde o noso centro.
Alumnado do CEIP Raíña Fabiola de Santiago
(30/11/2012 | 11:05)
Unha ampla representación do alumnado destes dous niveis educativos pasou unha mañá diferente e divertida visitando os distintos espazos museográficos do noso centro, e participando nas diferentes actividades didácticas organizadas polos educadores do museo. Aquí posan no vestíbulo mostrando a súa alegría pola experiencia vivida.
Grupo de 4º de ESO do CPR Mª Auxiliadora
(30/11/2012 | 10:53)
Un amplo número de estudantes do colexio verinés visitou o noso museo para coñecer de primeira man a historia da escola en Galicia. As aulas antigas onde estudaron os seus maiores foron un gran descubrimento para este grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO.
Maxisterio de Oviedo no Mupega
(30/11/2012 | 10:49)
Coma nos últimos cursos un animado grupo de estudantes de Maxisterio da universidade ovetense achegouse na mañá do mércores 26 de novembro polas nosas instalacións para descubrir na contemplación dos diversos aveños escolares aquí expostos a evolución da educación en Galicia e en España. Aquí posan nas escaleiras de acceso á primeira planta co seus profesores Alejandro e Emilio.
Alumnado do CEIP A Fraga de As Pontes
(26/11/2012 | 12:53)
Escolares do colexio pontés visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia para coñecer de preto a evolución da educación en Galicia, magnificamente representada a través dos seus obxectos máis característicos. O alumnado aparece aquí durante o desenvolvemento dunha actividade didáctica na Aula Obradoiro do museo.
Alumnado do CPI Manuel Padín de Arcade
(26/11/2012 | 12:50)
Outro ano máis un grupo de alumnos e alumnas do centro arcadés visitou a nosa exposición museística disfrutando das diversas actividades didácticas que lle foron ofertadas polos educadores do museo. Aquí aparecen na entrada principal do museo posando satisfeitos unha vez acabaron a súa visita.
Alumnado do IES F. Asorey de Cambados
(20/11/2012 | 14:23)
Un animado grupo de alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Telecomunicacións do instituto cambadés visitou esta mañá as dependencias do noso museo, amosando un manifesto interese polos avatares da historia da educación en Galicia, nomeadamente polas súas singularidades expresadas nas aulas de indianos e de ferrado. A actual exposición temporal tamén foi outro dos puntos de expectación para os estudantes de Cambados. Estiveron acompañados e coordinados pola profesora de FOL do centro.
 Rapaces e rapazas de ASPANAES traballando no obradoiro MUPEGA
(14/11/2012 | 18:03)
Un animado grupo de usuarios coas súas coidadoras acudiron na mañá do día 13 a visitar o noso museo. O colectivo divertiuse xogando e manipulando aveños propios da escola doutro tempo, ademais de facer diversas actividades manuais na aula obradoiro con que conta o noso centro. Noraboa a todos e todas polo voso comportamento e esforzo por vir ata aquí. Esperamos volver a contar axiña coa vosa natural alegría.