Un grupo de usuarios do Forum Metropolitano da Coruña visita o MUPEGA
(22/11/2011 | 13:02)
Este pasado sábado 19 de novembro un animado grupo de usuarios dese centro de ocio e cultura que é o Forum Metropolitano da Coruña, pasou preto de dúas horas percorrendo as salas do Museo Pedagóxico de Galicia. “Non perdas o tempo. Visitao con paciencia” foi unha das frases que nos deixaron no noso libro de visitas e que resume perfectamente o seu estado de ánimo.
Un animado grupo de residentes no Centro de Día "Mayores" de Coruña visita o MUP
(19/11/2011 | 16:27)
Na mañá deste soleado 19 de novembro, unha ducia de persoas usuarias do Centro de Día “Mayores” da Coruña visitou as distintas salas do museo e lembrou parte da súa infancia a través dos numerosos aveños escolares distribuídos polas salas do MUPEGA. Durante dúas horas volveron á súa infancia e intercambiaron as súas distintas experiencias escolares animados pola actuación dos educadores do museo
Un segundo grupo da asignatura Psicoloxía da Educación da Facultade de Psicoloxí
(18/11/2011 | 16:21)
Na tarde do xoves 17 de novembro, un segundo grupo de estudantes da Facultade de Psicoloxía acudiu ao MUPEGA para coñecer o museo e cumprir así cunha actividade máis das súas prácticas. O alumnado observou con atención a evolución do sistema educativo perfectamente recreado a través das aulas do museo, que reproducen diferentes contextos educativos, algúns deles de singular valor coma as aulas de indianos ou aula de ferrado.
O IES Chapela visita o MUPEGA
(18/11/2011 | 16:14)
En torno a uns 60 estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil do instituto de Chapela visitaron cos seus profesores o noso museo, coñecendo de primeira man as distintas salas expositivas e os elementos que as compoñen. O alumnado manifestou o seu interese polas aulas históricas do noso centro que lles facilitaron unha visión de conxunto das distintas etapas da evolución do sistema educativo español e galego.
Alumnado da Facultade de Formación do Profesorado e Educación da Universidade de
(18/11/2011 | 15:13)
Uns 70 estudantes da 3º curso de Pedagoxía e de Educación Especial pasaron a tarde do 16 de novembro visitando as instalacións do noso museo guiados polo educador do mesmo Antonio Cepeda. Destacaron a excelente posta en escena do patrimonio educativo nomeadamente as aulas de indianos e de ferrado. Confiamos que o alumnado desta Facultade aproveitara a súa visita e nos acompañe en próximos cursos.
Alumnado  de  5º DE EP do CEIP VALLE INCLÁN de Oleiros (A Coruña) visitan o MUPE
(18/11/2011 | 15:05)
Arredor de 55 nenos e nenas de 5º Educación Primaria do Colexio Valle Inclán de Oleiros (A Coruña) cos seus mestres Elena e Luís pasaron unha mañá moi divertida no noso museo, participando nos xogos tradicionais na ludoteca e lembraron a escola dos seus avós de pizarriño e pluma no Obradoiro do Mupega. Nos próximos días outra parte do alumnado deste centro tamén visitará o museo.
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC de visita no Mupega
(14/11/2011 | 12:07)
Como vén sendo habitual nos últimos anos, un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visitou o Museo Pedagóxico de Galicia. A visita durou dúas horas nas que os visitantes puideron achegarse de preto ao legado pedagóxico que se conserva no museo. Os participantes fixeron un percorrido polos diferentes recursos didácticos e metodoloxías que marcaron as distintas etapas da educación en Galicia ata a actualidade
Alumnado da Facultade  de Psicoloxía  da USC visita o Mupega
(14/11/2011 | 12:03)
Unha trintena de alumnas e alumnos de 4º curso da Licenciatura de Psicoloxía realizaron na histórica tarde do 11.11.11 unha visita didáctica ao noso museo dentro do programa de prácticas que coordina o seu profesor Martiño Rodríguez. Estiveron acompañados polo educador do museo Emilio Castro e coñeceron de primeira man o rico patrimonio educativo que acubilla nas súas salas o Mupega.