Exposición Itinerante do MUPEGA
(28/01/2013 | 13:42)
Unha coidada selección de láminas, cartelas e paneis informativos organizados en torno ás láminas como recurso educativo comezou a súa itinerancia polos centros da Rede Mupega cunha primeira parada no instituto Lucus Augusti de Lugo, que vén de clausurar unha fermosa exposición gráfica e documental sobre os seus primeiros 170 anos de vida. A exposición de láminas permanecerá en Lugo ata finais de febreiro, continuando logo o seu percorrido ata rematar o presente 2013.
2º de ESO do IES Cacheiras
(22/01/2013 | 13:35)
Un animado grupo de estudantes de 2º de ESO do instituto de Cacheiras visitou nesta mañanciña as dependencias do MUPEGA, descubrindo a través dos aveños escolares presentes a historia da educación en Galicia. Especial atención despertou o espazo dedicado ás escolas da emigración, por coñecer de preto o labor dos seus devanceiros na Habana plasmada na súa parroquia veciña de Luou. Un comportamento exquisito durante o seu demorado percorrido polas aulas do noso museo. Grazas pola visita e ata outra.
IES Monte Neme (Carballo).2º ESO
(21/01/2013 | 11:39)
Un animado grupo de rapaces e rapazas do instituto carballés visitaron as dependencias do MUPEGA o pasado venres 18 de xaneiro coa atenta mirada na arqueoloxía escolar que se atopa espallada polas distintas estancias do museo. Cun comportamento exquisito recollemos aquí as súas facianas alegres despois de ter coñecido de preto a escola dos seus devanceiros.
Alumnado e profesorado do CEIP Praia Xardin no MUPEGA
(16/01/2013 | 20:22)
Alumnado de 5º e 6º do colexio boirense Praia Xardín visitaron na mañá de hoxe día 16 de xaneiro o noso museo, descubrindo cos seus propios ollos a escola e o mundo infantil en xeral da época dos seus avós. Percorreron as diferentes salas expositivas e atenderon moi interesados as explicacións recibidas co que agardamos saiban un pouco máis de cómo vivian, estudaban e xogaban os seus antepasados. Agardamos volver a velos axiña por este centro, onde se gardan fermosos materiais das escolas que foron pechando pola comarca do Barbanza. Aqui posan na entrada do museo co profesorado que os acompañou.
Alumnado de 1º de EP do Colexio Cluny no MUPEGA
(16/01/2013 | 20:13)
Arredor duns cincuenta nenos e nenas dos primeiros cursos de Primaria pasaron unha mañá diferente e divertida no MUPEGA. Descubriron como era a escola dos seus avós, a través de variadas actividades didácticas dirixidas polos educadores do museo, e acompañados das súas profesoras Enma e Estefanía. Aquí aparecen posando contentos no vestíbulo do museo preparados para iniciar a súa "viaxe no tempo".
IES Mugardos no MUPEGA
(16/01/2013 | 20:07)
Un simpático grupo de estudantes de 1º de ESO do instituto mugardés visitaron as instalacións do noso centro, percorrendo detidamente as diferentes salas expositivas. De particular agrado pola súa parte foi recoñecer algunhas pezas sobranceiras instaladas no noso museo de procedencia daquelas terras de Ferrolterra, coma a imponente máquina de cine doada pola escola habaneira da súa vila; a Unión Mugardesa.
Alumnado do C.F.I.P Compostela
(08/01/2013 | 12:12)
Outro grupo numeroso de estudantes do ciclo superior de Educación Infantil do centro integrado de FP Compostela visitou as instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia. A visita forma parte do seu completo programa de actividades complementarias deseñadas para unha mellor formación docente destes futuros ensinantes.
Alumnado de 3º de EP do CEIP Ventín.
(13/12/2012 | 15:06)
Aquí vemos outro simpático grupo de nenos e nenas de 3º de EP do colexio de Ventín posando no vestíbulo do museo despois de ter percorrido todas as súas dependencias e descubrir cos seus ollos as particularidades da escola dos seus maiores. Coa axuda de Bea, Sara e Danisa realizaron varias actividades didácticas. Ata sempre!