Alumnado de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos.
(22/05/2018 | 13:23)
Hoxe veu coñecer a exposición temporal de cartografía o alumnado de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos, de Narón.
Ademais de visitar a exposión de mapas, os rapaces e rapazas puideron ver as aulas históricas e entrar no obradoiro, recreación dunha aula antiga, para sentirse como os seus avós e avoas cando eran pequenos.
Desexamos que gozaran da visita e volvan noutra ocasión.
2º ESO procendente de Moraña
(18/05/2018 | 17:13)
Hoxe, Día Internacional dos Museos, contamos coa visita cun pequeno grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO do CPI Santa Lucía de Moraña.
Este encantador grupo percorreu o museo acompañado da nosa guía, e puido descubrir todos os recunchos e peculiares pezas que agacha o Mupega.
Foi unha experiencia moi positiva. Agardamos que volten en máis ocasións.
IES Torrente Ballester, Pontevedra
(18/05/2018 | 17:07)
O pasado mércores veu de visita ao Mupega o alumnado de 1º da ESO do Instituto pontevedrés Torrente Ballester.
O numeroso grupo, percorreu todo o museo acompañado dos nosos guías.
O alumnado amosouse moi participativo e interesado no museo. Foi un pracer telos con nós e agardamos que volvan en máis ocasións.
Cartel DIMcompostela 2018
Programa DIMcompostela2018
Indicandor DIMcompostela 2018
(18/05/2018 | 11:52)
Hoxe 18 de maio, celebramos o DIM (Día Internacional do Museos)
Como cada ano, oito dos principais museos composteláneos reunímonos nunha programación conxunta que inclúe diversas actividades tanto no día de hoxe como durante o que resta de mes.
Consulte o programa e aproveite para coñecer máis a fondo os museos da cidade.
Aula histórica
Aula histórica
(16/05/2018 | 08:38)
Lembrámosvos, que esta semana con motivo do Día Internacional dos Museos, ofrecemos a posibilidade de visitar o Mupega a través de percorridos guiados totalmente de balde. Os horarios das visitas son:
-Mércores 16 ás 18:00h.
-Sábado 19 ás 12:00h.
Alumnado do IES Santa Irene nunha aula antiga
Alumnado do IES Santa Irene nunha aula antiga
(16/05/2018 | 08:25)
Onte contamos coa visita do alumnado de 2º e 3º da ESO do Instituto Santa Irene de Vigo
O numeroso grupo acompañado das súas profesoras, percorreou as nosas aulas históricas e descubriu os segredos dalgunhas das nosas pezas máis destacadas
Foi unha visita moi interesante e agradable para todos. Estaremos encantados de que nos visiten en máis ocasións.
María Victoria Moreno
(15/05/2018 | 16:50)
Esta semana no Mupega sumámonos á homenaxe á figura de María Victoria Moreno, á que se dedica o día das Letras Galegas 2018.
María Victoria destacou en moitas facetas na súa vida, pero foi por riba de todas elas unha gran MESTRA moi lembrada por alumnos/as e compañeiros/as.
Representantes dos oito museos santiagueses participantes no DIMcompostela 2018
(15/05/2018 | 16:27)
Onte, celebrouse a rolda de prensa de presentación da programación conxunta de oito dos principais centros museísticos de Santiago.
O Museo do Pobo Galego, Fundación Granell, Museo das Peregrinacións e de Santiago, CGAC, Museo Catedral, Casa de la Troya e Museo de Historia Natural e por suposto o Museo Pedagóxico de Galicia presentaron as súas propostas na Casa de la Troya.
Ademais da xornada de portas abertas o 18 de maio e visitas guiadas, durante todo o mes haberá talleres, exposicións, contacontos, lecturas literarias, música e cine para o público infantil e adulto.