Alumnas do CIFP Politécnico de Lugo
(20/06/2012 | 11:05)
Futuras profesionais do mundo infantil visitaron na tarde do martes 19 de xuño disfrutaron coas explicacións ofrecidas polo asesor Antonio Cepeda en torno ao pasado escolar da nosa terra. Aquí aparecen posando antes de comezar a visita á exposición temporal que sobre láminas educativas ten o noso museo na súa primeira planta.
Alumnado de 1º de ESO do IES Xulián Magariños (Negreira)
(20/06/2012 | 10:53)
Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO do instituto nicrariense visitounos na mañá do martes 19 de xuño acompañados dos seus profesores e aproveitando unha xornada de lecer que completarian no acuario de Cerceda. Aquí vemos ao grupo satisfeitos despois de ter coñecido os tesouros do noso museo.
A nova exposición temporal continúa recibindo visitas e excelentes críticas.
(19/06/2012 | 09:32)
Execelente acollida está tendo entre todo tipo de público a exposición temporal centrada nas láminas educativas presente ata fin de ano nas dependencias do MUPEGA. Aquí vemos outro grupo de visitantes amosando a súa satisfación nun momento do seu percorrido por un dos rincóns da sala de exposicións temporais.
Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos
(09/06/2012 | 13:51)
Destacados membros da Xunta Directiva da Asociación nacional para la defensa del patrimonio de los Institutos históricos (ANDPIH), tamén chamada Asociación de Institutos Históricos de España, visitaron o MUPEGA nesta mañá chuviosa con que nos recibe o mes de xuño. D. Luis Castellón Serrano e D. Antonio Prado Gómez, presidente e tesoreiro respectivamente da devandita Asociación gabaron en xeral a exposición permanente do museo, deténdose especialmente na temporal dedicada á pedagoxía intuitiva e as láminas pedagóxicas, onde quixeron fotografarse para manifestar así os seus parabéns aos organizadores da mesma. Pertencen, entre outros, a esta Asociación os institutos: • Instituto Padre Suárez, de Granada. • IES Brianda de Mendoza, de Guadalajara. • IES Lucus Augusti, de Lugo. • IES Aguilar y Eslava y Fundación Aguilar y Eslava, de Cabra (Córdoba) • IES Cardenal López de Mendoza, de Burgos; • IES Domínguez Ortiz, de • IES San Isidoro, de Sevilla • IES Arcebispo Xelmirez I, de Santiago de Compostela • IES Zorrilla, de Valladolid.
O CEIP Praia de Quenxa de Corcubión visita o MUPEGA
(08/06/2012 | 09:15)
Arredor de sesenta visitantes entre alumnado e profesorado do colexio corcubionés achegouse ao noso museo este xoves 6 de xuño. Dende 1º curso ata 6º de Primaria o alumnado disfrutou ao máximo da oferta museística e lúdica que ofrece o MUPEGA, acompañados e guiados en todo momento pola asesora Beatriz Seco. Aqui vemos ao grupo posando na porta do museo cos seus agasallos e coa cara de cansanzo despois de tres horas de visita.
A Escola Infantil de Regoelle (Dumbria) ao completo no MUPEGA
(06/06/2012 | 18:31)
Coa súa profe Silvia ao fronte o alumnado miúdo da escola infantil compartiron coas súas avoíñas a escola de onte e de hoxe. Xogaron na ludoteca, escribiron nas pizarras da aula-obradoiro, encantaronlles as láminas e os animais da primeira planta e foronse de volta cargados de ilusión e agasallos. Ata outra!
Alumnado do ciclo de Educación Infantil do colexio Santa Apolonia de Santiago no
(06/06/2012 | 15:55)
Un numeroso e participativo grupo de futuras ensinantes de Educación Infantil acudiu na mañá deste día 6 de xuño a coñecer de primeira man como foi evolucionando a escola galega na que eles e elas axiña poderán traballar. Aquí vémolos sonrintes despois de visitar a exposición temporal sobre láminas educativas.
A Escola Francesa de Porto (Portugal) visita o MUPEGA
(06/06/2012 | 15:51)
Unha ampla representación do centro francés ubicado na cidade de Oporto cursou unha visita cultural a Galicia detendonse no noso museo na mañá do martes 5 de maio, disfrutando dos xogos populares no patio de recreo e percorrendo os distintos espazos museográficos do MUPEGA.