Recuncho dos seres vivos da exposición Homo sapiens, transmisor de coñecemento.
(21/03/2019 | 14:56)
Onte recibimos a visita do Colexio Rural Agrupado de Narón. O alumnado de 1º a 4º de primaria veu descubrir a exposición temporal: "Homo sapiens, transmisor de coñecemento".
O percorrido completouse cunha actividade creativa na que empregamos un proxector de imaxes de fabricación caseira.
Resultou unha visita moi agradable. Agardamos que o pasaran ben no Mupega e que volvan en máis ocasións.
A recoñecida educadora Carmen Puente
(20/03/2019 | 10:44)
Neste mes de marzo dedicado no Mupega a homenaxear as mestras galegas, invitámosvos a coñecer o testemuño dalgunhas delas a través dunha serie de entrevistas.
Hoxe compartimos con vós o primeiro dos documentais no que conta a súa experiencia de toda unha vida a mestra santiaguesa de preescolar (actual educación infantil), Carmen Puente Fernández
Alumnado do CEIP Pino do Val na curva dos xoguetes
(15/03/2019 | 14:00)
Onte visitáronnos os alumnos e alumnas de varios cursos do colexio público Pino do Val
Os rapaces e rapazas percorreron todo o museo acompañados dos nosos guías descubrindo as aulas no tempo, o obxetos cos que estudaban antes e os xoguetes cos que xogaban
Agardamos que lles gustara a visita e que volten en máis ocasións
Alumnado do CPR Santiago Apóstol
(15/03/2019 | 13:51)
Onte visitaron a exposicón temporal "Homo sapiens, transmisor de coñecemento" o alumnado de bacharelato do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior.
Acompañados polas nosa guías fixeron un percorrido que versa sobre o coñecemento humano a partir de pezas destacadas dos Institutos Históricos galegos.
Agardamos que a visita lles resultase interesante e que volten en máis ocasións.
Alumnado do IES Praia Barraña.
(15/03/2019 | 13:24)
Onte visitounos o alumnado de 3º e 4º da ESO e 2º DE BAC do Instituto Praia de Barraña de Boiro
Os visitantes percorreron as instalacións do museo acompañados polo noso guía prestando moita atención ás aulas históricas e as pezas máis representativas da educación do noso pasado.
Agardamos que fose unha visita interesante e que regresen en máis ocasións.
Escola de nenas de Casa Elvira, Luou (Teo), 1930.
(08/03/2019 | 13:27)
O Museo Pedagóxico de Galicia súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller destacando ás mestras, posto que foron mulleres as que maioritariamente exerceron esta profesión.
Os visitantes que acodan ao Mupega dende o día de hoxe ata final do mes de marzo, atoparán unha mostra do seu traballo en distintas zonas do museo: obxectos relacionados coa súa preparación para a docencia, materiais de traballo na aula, ou mesmo testemuños das súas propias vivencias.
Alumnado de 5º e 6º de primaria do CPR Nosa Señora da Asunción.
(02/03/2019 | 13:04)
O xoves 28 viñeron ao museo os estudantes de 5º e 6º de primaria do CPR Nosa Señora da Asunción, de Sarria.
Os rapaces e rapazas estiveron moi atentos ás explicacións das guías e participaron nas actividades que se lles propuxeron.
Esperamos que volvan noutra ocasión.
Alumnado de 1º de Grao en educación primaria.
(02/03/2019 | 12:54)
O alumnado de 1º do Grao en educación primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, veu coñecer o museo o pasado xoves 28.
Acompañados polo profesor de historia da educación, aproveitaron a visita para poñer imaxes ao xa estudado na aula.
Agardamos que a visita resultara de interese aos futuros mestres.