Alumnado do Máster de Investigación en Educación
(17/03/2018 | 19:25)
O pasado xoves 15 viñeron visitarnos ao Mupega o alumnado do Máster de Investigación en Educación. Viñeron acompañados polo seu profesor Vicente Peña, gran coñecido e coñecedor do noso Museo por tratarse dun dos seus fundadores e un dos maiores expertos en Escolas de Indianos e Americanos.
O grupo visitou a exposición temporal de cartografía e a zona de escolas de indianos.
Agradecemos a súa visita e agardamos que volvan en máis ocasións.
alumnado de 2º ESO, IES Xoán Montes, Lugo
(17/03/2018 | 19:11)
O pasado xoves 15, viñeron de visita ao museo o alumnado de 2º da ESO do Instituto lucense Xoán Montes.
Os rapaces e rapazas percorreron o museo acompañados dos nosos guías e amosáronse moi interesados e participativos durante toda a visita.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, guías e alumnos. Agardamos que nos visiten en máis ocasións.
grupo do curso "Docencia da Formación para o emprego"
(15/03/2018 | 15:47)
Onte recibimos a visita dun pequeno grupo de alumnos e alumnas do Curso Docencia da Formación para o Emprego impartido por FESAN
O alumnado percorreu o museo acompañado do noso guía, amosando moito interese polas pezas e espazos recreados no Mupega.
Resultou unha experiencia moi agradable e esperamos telos de visita en máis ocasións.
Alumnado 6º de Primaria Colexio Landro
Alumnado 5º de Primaria Colexio Landro
(13/03/2018 | 15:56)
Hoxe tivemos a fortuna de recibir ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio Landro de Viveiro.
O grupo percorreu o museo en compañía dos nosos guías e amosouse moi interesado é participativo. Resultou unha visita moi divertida, entretida e interesante para todos guías e alumnos
Grazas pola vosa participación e actitude, agardamos vervos polo Mupega noutra ocasión.
Visita da Escola de Educación Infantil Milladoiro de Santiago
(08/03/2018 | 20:34)
Hoxe viñeron visitarnos un divertidísimo e moi preparado grupo de rapaciñas e rapaciños de 4 e 5 anos da E.E.I Milladoiro.
O grupiño divertiuse e aprendeu moito no museo. Fixeron moitas preguntas e asombráronnos con todo o que xa aprenderan antes de vir ao Mupega. Ademáis deunos tempo a facer varios xogos e ata un barquiño de casca de noz que levaron de recordo.
Foi unha mañá fantástica. Agardamos que volten en máis ocasións.
cartel do roteiro Día Internacional da Muller
(08/03/2018 | 09:51)
No mupega inauguramos hoxe, 8 de marzo, o Roteiro do Día Internacional da Muller. Durante os meses de marzo e abril, todos os visitantes do museo, poderán facer este percorrido a través da historia e pezas representativas de seis mulleres loitadoras de diferentes épocas, que destacaron no eido da cultura e da educación na nosa comunidade.
6º EP do CEIP Castrillón-Coiro.
(07/03/2018 | 19:49)
Onte visitáronnos os estudantes de 6º de Educación Primaria do CEIP Castrillón-Coiro, de Cangas.
O alumnado puido coñecer como era a escola dos seus avós e, como non, sentirse case coma eles entrando no noso obradoiro (recreación dunha escola antiga).
Esperamos que volten noutra ocasión.
5º EP do CEIP Rosalía de Castro (O Grove)
(07/03/2018 | 15:50)
Onte veu ao Mupega o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro do Grove.
Os rapaces e rapazas percorreron as dúas primeiras plantas do museo acompañados polo persoal do mesmo.
Esperamos que a visita lles resultara interesante e que volten noutra ocasión.